miniatura|Estatero de ouro de Rodas. Ca. 250-230 a. de C. miniatura|Dracma de prata de Rodas de padrón ático. Ca. 88-42 a. de C. A moeda de Rodas abrangue as cuñaxes levadas a cabo baixo o poder político da illa de Rodas durante os períodos clásico e helenístico, o que daquela abranguía tamén a zona de Caria, en Asia Menor.

Ademais de Rodas e Caria, moitos outros estados do Mediterráneo oriental adoptaron o sistema monetario rodio, que chegou a acadar unha ampla circulación na rexión. Mesmo o reino tolemaico, un importante estado helenístico mediterráneo, chegou a asumir o sistema monetario de Rodas durante un curto período.

Historia Rodas, foi unha gran potencia marítima e mercantil, ata o punto de que as mercadorías sirias con destino a Exipto facían un desvío para pasar por Rodas.Habicht, C. (2006). Páxina 47. Os rodios tamén fixeron grandes contribucións para a loita contra a pirataría na rexión.Bubenik, V. (1989). Páxina 52. Rodas era un aliado do reino tolemaico.Rich. J.; Shipley, G. (2012). Páxina 235.

O asedio de Rodas (305-304 a. de C.) por parte de Demetrio I de Macedonia tivo como consecuencia unha maior liberdade de acción para os rodios e un fortalecemento dos seus lazos co Exipto tolemaico, aínda que a finalidade do asedio fora a ruptura desa alianza.Mørkholm, O. (1991). Páxinas 90-95.

Padrón monetario de Rodas O goberno de Atenas implantou temporalmente o padrón ático nas cecas establecidas en Rodas. No entanto, á medida que foi diminuíndo a influencia ateniense e foi crecendo a importancia de Rodas logo da súa unificación, o padrón rodio comezou a estenderse por todo o Mediterráneo oriental.Berthold, R. M. (2009). Páxinas 48-49.esquerda|miniatura|En verde, o territorio controlado por Rodas (en verde máis claro a zona logo do Tratado de Apamea en 188 a. de C.).A finais do século IV a. de C., a rexión do Exeo compatibilizaba o uso dos sistemas ateniense e rodio. O padrón de Rodas substituíu o sistema exinético para a moeda de prata na maioría das cecas das Cícladas no século III a. de C.,Metcalf, W. E. (2016). Páxina 114. e en tempos de Alexandre o Grande foi aceptado pola maioría dos territorios de Xonia e Caria, e por numerosos estados das Cícladas e de Propontis. A adopción do estándar ponderal ático por parte de Alexandre provocou a desaparición dos restantes padróns de peso, agás o ático e o rodio.

Máis tarde, o padrón de Rodas tamén foi asumido polo reino tolemaico durante o período de transición entre o abandono do sistema ático e a implantación do sistema monetario tolemaico.Hill, G. (2010). Páxina 180.Mahaffy, J. P. (2014). Páxina 488. Este período sitúase entre os anos 310 e 298 a. de C.Mørkholm, O. (1991). Páxinas 68-69.

Nos seus inicios, o padrón rodio baseábase en tetradracmas e moedas de maior peso, aínda que estas últimas foron abandonadas axiña e mesmo os tetradracmas foron perdendo peso progresivamente ata acabar por substituírse por didracmas máis lixeiros. Os primeiros tetradracmas tiñan un peso de 15,6 gramos, que circulaban en paralelo a didracmas de 7,8 gramos, mais a partir de que os segundos substituíron os primeiros o seu peso baixou ata os 6,7 gramos.Mørkholm, O. (1991). Páxinas 9-10.

Hai evidencias epigráficas da circulación simultánea de plinthopforoi rodios e da liga Licia, polo menos dun xeito informal, dada a súa aparición conxunta en diversos achados monetarios."Rhodian Plinthophoroi". Classical Numismatic Group.Ashton, R. H. J. (2005). "Recent Epigraphic Evidence for the Start of the Rhodian and Lykian League Plinthophoroi". En The Numismatic Chronicle. Vol. 165. Royal Numismatic Society. Páxinas 85-89. Con todo, as moedas pertencentes ao padrón licio son lixeiramente máis lixeiras en peso que as do sistema rodio.Thonemann, P. (2013). Páxina 260.

Os tetradracmas e as moedas de ouro orixinarias de Rodas desapareceron durante un período bastante longo. Pola súa banda, os didracmas (de 6,7 gramos) acadaron unha posición sólida, coa súa ampla circulación no comercio de Mediterráneo oriental, aínda que o seu peso atípico non permitiu que funcionasen como un verdadeiro medio de intercambio internacional. Moitas moedas de prata de Rodas foron fundidas en Exipto logo da súa circulación alí, e posteriormente cuñáronse con aquel metal moedas tolemaicas.

Durante o asedio de Rodas de 88 a. de C. por parte de Mitrídates VI produciuse unha suposta serie de emerxencia de grandes moedas de bronce.Ashton, R. H. J. (2018). "Rhodian Bronze Coinage and the Siege of Mithradates VI". En The Numismatic Chronicle. 161. Royal Numismatic Society. Páxinas 53-66.

Cecas En Rodas radicaban as cecas máis importantes da rexión. Fóra dos territorios controlados por Rodas, en Éfeso estaba a ceca máis significativa de todas cantas cuñaban consonte o sistema monetario rodio.Whibley, L. (2015). Páxina 542.

En Naxos cuñáronse tetróbolos ou dracmas do padrón rodio, en tanto que usaban o estándar exineta para outras moedas.

Ios é outra illa que viu un uso limitado do padrón rodio. A illa coñécese principalmente por albergar a tumba de Homero, e alí descubriuse un pequeno achado de didracmas cuñados entre 350 e 320 a. de C. que amosaban o retrato e o nome de Homero nos seus anversos.

Fin da moeda local A desaparición definitiva da moeda de Rodas veu provocada polas derradeiras guerras civís da Roma republicana, a partir da guerra de César. Moitas pequenas moedas de prata Helenísticas deixaron de existir nese momento. No ano 30 a. de C., os denarios e outras moedas do sistema monetario Romano eran xa claramente dominantes nas partes orientais do Imperio.Harl, K. W. (1996). Páxina 417.Carbone, L. (2014). "Money and Power: The Disappearance of Autonomous Silver Issues in the Roman Province of Asia". En OMNI. Nº 8.

Rodas pasou a estar totalmente baixo o dominio romano en 31 d. de C., e integrouse na provincia de Asia en 44 d. de C."Rhodes in tha Roman Empire". The history of Rhodes in Antiquity.

Imitacións da moeda de Rodas Demostrouse que en Licia, no territorio continental de Asia Menor, circularon imitacións da moeda rodia entre os anos 188 e 167 a. de C. Estas moedas imitaban as versións máis antigas da moeda de Rodas.Gabrielsen, V. (1999). Páxina 112. miniatura|Tetradracma de Rodas coa figura do deus do Sol, Helios, no anverso, e unha rosa no reverso."Carie - Îles de Carie - Rhodes Tétradrachme". CGB.fr Caracterización Helios, o deus do Sol, era a deidade prominente para os rodios e, por este motivo, apareceu nos anversos das súas moedas durante catro séculos."Caria". Snible.org Os deseños da moeda de Rodas non se viron afectados polas campañas de Alexandre o Grande."Rhodes Coin-Silver Tetradrachm,Bronze Coin". Greek Islands Ancient Coins.

Xunto coa cabeza de Helios, a rosa tamén é un tema recorrente na moeda de Rodas. Estes símbolos tamén se utilizaron noutras formas de arte, ademais da moeda, como é o caso dos selos e as ánforas, e serven para atribuír xeograficamente a orixe de obxectos arqueolóxicos.Thonemann, P. (2016). Páxina 26. A rosa refire a Rodas a modo de símbolo parlante (facendo un xogo de palabras co nome).Mørkholm, O. (1991). Páxina 31.

Un tipo de tetradracmas rodios utilizou a proa dun navío (ao lado da rosa do reverso) como símbolo do poder naval de Rodas.Ling, R. (1984). Páxina 38.

As cuñaxes rodias de prata poden achegar algunhas pistas acerca da aparencia do Coloso de Rodas.Ashton, R. H. J. (1988). "Rhodian coinage and the Colossus". En Revue numismatique. 6 (30). Société Française de Numismatique. Páxinas 75-90.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Berthold, R. M. (2009). Rhodes in the Hellenistic Age. Cornell University Press. ISBN 0-8014-7597-X Bubenik, V. (1989). Hellenistic and Roman Greece as a Sociolinguistic Area. John Benjamins Publishing Company. p. 52. ISBN 978-90-272-7854-8 Gabrielsen, V. (1999). Hellenistic Rhodes: Politics, Culture, and Society. Aarhus University Press. ISBN 978-87-7288-676-3 Habicht, C. (2006). The Hellenistic Monarchies: Selected Papers. University of Michigan Press. ISBN 0-472-11109-4 Harl, K. W. (1996). Coinage in the Roman Economy, 300 B.C. to A.D. 700. JHU Press. ISBN 978-0-8018-5291-6 Hill, G. (2010). A History of Cyprus. Cambridge University Press. ISBN 978-1-108-02062-6 Ling, R. (1984). The Cambridge Ancient History: Plates to volume VII part 1. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-24354-4 Mahaffy, J. P. (2014). The Empire of the Ptolemies. Cambridge University Press. ISBN 978-1-108-07865-8 Metcalf, W. E. (2016). The Oxford Handbook of Greek and Roman Coinage. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-937218-8 Mørkholm, O. (1991). Early Hellenistic Coinage from the Accession of Alexander to the Peace of Apamaea (336-188 BC). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-39504-5 Rich. J.; Shipley, G. (2012). War and Society in the Greek World. Routledge. ISBN 978-1-134-80783-3 Thonemann, P. (2013). Attalid Asia Minor: Money, International Relations, and the State. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-163010-1 Thonemann, P. (2016). The Hellenistic World: Using Coins as Sources. Cambridge University Press. ISBN 978-1-316-43229-7 Whibley, L. (2015). A Companion to Greek Studies. Cambridge University Press. ISBN 978-1-107-49754-2

Categoría:Moedas da Idade Antiga Categoría:Moedas da Antiga Grecia Categoría:Período helenístico Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Rodas