Provérbios otomanos "De Selim a Solimám" é un relato de Ricardo Carvalho Calero publicado en 1985 no nº 4 da revista Agália (páxs. 475-476). Publicouno baixo o pseudónimo Namiq Ziyá.
Segundo Henrique Rabuñal o relato conta como no reinado de Selim I, sultán dos turcos otomanos e Comendador dos Crentes, entrou no seu harén unha adolescente xeorxiana e cristiá, dona de “encantos arrebatadores” e influencia política no sultán. Esa muller acaba representando unha “proteica capacidade de adaptaçom” e unha probada fidelidade aos seus señores. Coa morte de Selim e a proclamación califal do seu fillo Solimán, este fica engaiolado polos saberes políticos da Bela Xeorxiana quen mantén o seu poder e o seu status así como os seus ministros de confianza. A Bela Xeorxiana pasou do pacifismo de Selim ao belicismo de Solimán.. Notas
Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras literarias de 1985