Roundhay Garden Scene é unha curtametraxe muda de 1888 gravada polo inventor francés Louis Le Prince. Rodado en Oakwood Grange en Roundhay, Leeds, no norte de Inglaterra, crese que esta escena é o filme máis antigo que existe dos que sobreviviron até o presente.
Segundo o fillo de Le Prince, Adolphe, o filme foi rodado en Oakwood Grange, o fogar de Joseph e Sarah Whitley, en Roundhay, Leeds, West Riding of Yorkshire, o 14 de outubro de 1888. A escena amosa ó fillo de Louis, Adolphe Le Prince, a súa sogra Sarah Whitley (nada como Robinson e 1816 e finada o 24 de outubro de 1888), o seu sogro Joseph Whitley (nado en 1817 e finado o 12 de xaneiro de 1891) e Annie Hartley no xardín de Oakwood Grange paseando tranquilamente. Sarah é vista camiñando, ou bailando, cara a atrás cando ela pega a volta, e as colas do abrigo de Joseph vense voando mentres el tamén dá a volta. Joseph e Sarah Whitley eran os pais da muller de Le Prince, Elizabeth. Crese que Annie Hartley era unha amiga de Le Prince e da súa muller. Sarah Whitley morreu dez días despois de que a escena fose rodada.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1888 Categoría:Cinema mudo Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Louis Le Prince