miniatura|Danis Tanović foi o director do primeiro filme de Bosnia e Hercegovina nomeado e gañador do premio. Bosnia e Hercegovina presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 1994. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Até o ano 2024, Bosnia e Hercegovina presentou vinte e catro filmes para a súa consideración por parte da Academia dos Óscar. Só un deles, Ničija zemlja de Danis Tanović (2001), foi nomeado para o premio e finalmente conseguiu o galardón na 74ª edición dos premios. Outros catro filmes de Tanović foron presentados como candidatos de Bosnia e Hercegovina. Moitos actores e directores bosníacos traballaron en filme presentados por Iugoslavia antes da disolución do país no ano 1991.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Bosnia e Hercegovina para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Director Resultado 1994(67ª) Magareće godine 2001(74ª) Ničija zemlja 2003(76ª) Gori vatra 2004(77ª) Kod amidže Idriza 2005(78ª) Sasvim lično 2006(79ª) Grbavica 2007(80ª) Teško je biti fin 2008(81ª) Snijeg 2009(82ª) Čuvari noći 2010(83ª) Cirkus Columbia 2011(84ª) Belvedere 2012(85ª) Djeca 2013(86ª) Epizoda u životu berača željeza 2014(87ª) Sa mamom 2015(88ª) Naša svakodnevna priča 2016(89ª) Smrt u Sarajevu 2017(90ª) Muškarci ne plaču 2018(91ª) Beni Bırakma 2019(92ª) Sin 2020(93ª) Quo Vadis, Aida? 2021(94ª) Tabija 2022(95ª) Balada 2023(96ª) Ekskurzija 2024(97ª) Nakon ljeta 2025(98ª) Blum – Gospodari svoje budućnosti

Notas

Categoría:Filmes de Bosnia e Hercegovina Bosnia e Hercegovina