Bolivia presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional dende o ano 1995. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Até o ano 2024, dezaseis filmes bolivianos foron presentados para competir polo Óscar ó mellor filme internacional mais ningún deles foi finalmente nomeado. Tres dos filmes foron dirixidos por Juan Carlos Valdivia. As propostas de Bolivia son designadas pola Asociación de Cineastas Bolivianos (Asocine).
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Bolivia para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 1995(68ª) Jonás y la ballena rosada Castelán 2003(76ª) Dependencia sexual Castelán e inglés 2005(78ª) Di buen día a papá Castelán 2006(79ª) American Visa Castelán e inglés 2007(80ª) Los Andes no creen en Dios Castelán 2009(82ª) Zona Sur Castelán e aimará 2014(87ª) Olvidados Castelán 2016(89ª) Carga sellada Castelán 2017(90ª) Viejo calavera Castelán 2018(91ª) Muralla Castelán 2019(92ª) Tu me manques Castelán 2020(93ª) Chaco Castelán, quechua e aimará 2021(94ª) El gran movimiento Castelán 2022(95ª) Utama Quechua e castelán 2023(96ª) El visitante Castelán 2024(97ª) Mano propia Castelán 2025(98ª) La casa del sur Castelán Carina Oroza Daroca e Ramiro Fierro
Notas
Categoría:Cinema de Bolivia Bolivia