miniatura|dereita|Jonathan Glazer, director de The Zone of Interest (2023), o primeiro filme británico en recibir o Óscar ó mellor filme internacional. O Reino Unido presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional de xeito irregular dende o ano 1991. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos. O Reino Unido ten unha das industria cinematográficas máis visibles e os seus filmes, actores, actrices e equipo teñen un lugar destacado entre os nomeados ós Óscar dende a década de 1930. Porén, a gran maioría dos filmes británicos non son elixibles nesta categoría por estar producidos en inglés.
Até o ano 2023, o Reino Unido presentou vinte filmes para a consideración da Academia dos Óscar, chegando a gañar The Zone of Interest (2023) e a ser nomeados dous deles. Moitos dos filmes foron rodados por directores de Gales, e foron parcial ou completamente rodados en lingua galesa.
Os candidatos británicos son escollidos pola British Academy of Film and Television Arts (BAFTA).
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou o Reino Unido para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 1991(64ª) Lost in Siberia Ruso e inglés 1993(66ª) Hedd Wyn Galés 1995(68ª) Branwen Galés, irlandés e inglés 1998(71ª) Cameleon Galés 1999(72ª) Solomon a Gaenor Galés e inglés 2001(74ª) Oed Yr Addewid Galés e inglés 2002(75ª) Eldra Galés e inglés 2008(81ª) Hope Eternal Bemba, galés, inglésfrancés, afrikaans e suahili 2009(82ª) Afghan Star Dari, paxto e inglés 2011(84ª) Patagonia Galés e castelán 2013(86ª) Metro Manila Filipino 2014(87ª) Uzun Yol Turco 2015(88ª) Dan y Wenallt Galés Kevin Allen 2016(89ª) Zeer-e sāye Persa Babak Anvari 2017(90ª) My Pure Land Urdú Sarmad Masud 2018(91ª) I Am Not a Witch Bemba e inglés Rungano Nyoni 2019(92ª) The Boy Who Harnessed the Wind Chewa e inglés Chiwetel Ejiofor 2021(94ª) Dying to Divorce Turco e inglés 2022(95ª) Winners Persa 2023(96ª) The Zone of Interest Alemán, polaco e yiddish 2024(97ª) Santosh Hindi
Notas
Categoría:Cinema do Reino Unido Reino Unido