Rafael Pardo Carmona, nado en Santiago de Compostela o 12 de xullo de 1899 e finado no mesmo concello o 3 de decembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Foi mestre interino de Arzúa (1926),El Ideal Gallego, 17-6-1926, p. 4. Moar (1927),El Ideal Gallego, 7-9-1927, p. 3. Lintín (1928), Rial (1929) e Baño (Muros)."De Padrón a Muros. A represión educativa e cultural (1936-1950)" Colaborou en El Pueblo Gallego. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido en Santiago de Compostela en outubro. Afiliado a Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado no consello de guerra contra os doce membros do Comité da Fronte Popular o 19 de novembro,Diario de Pontevedra, 20-11-1936, p. 2. foi condenado á pena de morte. Fusilárono nas inmediacións do cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936 con Manuel Maroño Calvo, José Maroño Calvo, Modesto Pasín Noya, Fernando Domínguez Caamaño, Francisco Ponte Ces, Luís Martínez Nouche, Rafael Frade Peña, Luis Rastrollo González e José Germán Fernández.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos