Panamá presentou un filme ó Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez en 2014. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Panamá para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Lingua Director Resultado 2014(87ª) Invasión Castelán 2015(88ª) Caja 25 Castelán Mercedes Arias, Delfina Vidal 2016(89ª) Salsipuedes Castelán Ricardo Aguilar Navarro, Manuel Rodríguez 2017(90ª) Más que hermanos Castelán Arianne Benedetti 2018(91ª) Yo no me llamo Rubén Blades Castelán Abner Benaim 2019(92ª) Todos cambiamos Castelán Arturo Montenegro 2020(93ª) Operación causa justa Castelán Luis Franco Brantley, Luis Pacheco 2021(94ª) Plaza Catedral Castelán Abner Benaim 2022(95ª) Cumpleañero Castelán Arturo Montenegro 2023(96ª) Tito, Margot y yo Castelán Mercedes Arias e Delfina Vidal 2024(97ª) Despierta mamá Castelán Arianne Benedetti 2025(98ª) Querido trópico Castelán Ana Endara

Notas

Categoría:Cinema de Panamá Panamá