miniatura|300px A seguir recóllese a pegada da chuvia na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

A chuvia segundo as datas Auga de xaneiro, cada pinga vale diñeiro. Moita chuvia en xaneiro, mala anada no cabaceiro. Se chove en xaneiro, nin boa meda nin bo palleiro. Auga en febreiro mellor ca en xaneiro. Auga/chuvia de febreiro fai palleiro. Cando non chove en febreiro, nin bo prado nin bo centeo nin bo lameiro. Marzo ventoso e abril chuvioso. En marzo auga que non molle o rabo do gato. Abril para ser abril ten que vir con augas mil. Abril augas mil, se non é no comezo ó medio ou á fin. Abril frío e mollado enche o celeiro e farta o gado. Abril quente e mollado carga o carro e engorda o gado. Chova para min abril e maio e para ti todo o ano. Auga de maio trae bo ano/pan para todo o ano. Moitas augas en maio traen mal ano. A porca de maio ou no principio ou no cabo, e han parar os bois quince días antes ou despois. A porca de maio vale máis no principio ca no cabo. Chuvia no mes de agosto non é chuvia que é mel e mosto. Nadal mollado e xaneiro ben xeado. Se polo san Xurxo chove, de mil cereixas quedan nove. A mera de San Xoán leva o viño e non deixa o pan. A mera de san Xoán leva o viño e mailo pan. Chuvia por santa Lucía tolle a sardiña.

Prognóstico da chuvia miniatura|upright=1.4 Auga de mediodía, auga de todo o día. Auga miúda, vendaval que dura. Auga/chuvia mañanceira non é duradeira. Brétemas no alto, chuvias no baixo. Cando chove moito, ha de escampar logo. Cando o sol madruga, é sinal de chuvia. Chuvia no mar e vento na ría, chuvia para todo o día. Se o gato lava a cara, é que venta enchente de auga.

Outros miniatura Ano de chuvias, poucas madrugas. Auga de trebón nunha parte dá e noutra non. Cando chove e fai vento, pecha a porta e estate dentro. Cando chove e vai sol, alegre está o pastor. Cando chove e vai sol, é tempo de requeixón. Cando chove o domingo antes da misa, toda a semana vai de risa. No ano que moito chove o labrego traballa máis que come. Cando chove e máis fai sol, anda o demo por Ferrol. Manda chover na Habana!. Non hai sábado sen sol.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Refraneiro galego da vaca O leite na cultura popular galega O queixo na cultura popular galega A manteiga na cultura popular galega

Chuvia