Montenegro presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 2013. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.

Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Montenegro para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano(Cerimonia) Título Lingua(s) Director Resultado 2013(86ª) As pik - loša sudbina Serbocroata Draško Đurović 2014(87ª) Dječaci iz Ulice Marksa i Engelsa Montenegrino Nikola Vukčević 2015(88ª) Ti mene nosiš Croata Ivona Juka 2016(89ª) Igla ispod praga Montenegrino Ivan Marinovic 2018(91ª) Iskra Serbio Gojko Berkuljan 2019(92ª) Između dana i noći Montenegrino Andro Martinovic 2020(93ª) Grudi Montenegrino Marija Perović 2021(94ª) Poslije zime Serbocroata Ivan Bakrač 2022(95ª) Elegija lovora Serbio Dušan Kasalica 2023(96ª) Sirin Serbocroata Senad Šahmanović 2024(97ª) Supermarket Serbocroata Nemanja Bečanović 2025(98ª) Obraz Montenegrino e albanés Nikola Vukčević

Notas

Categoría:Cinema de Montenegro Montenegro