Néboa é unha serie de televisión producida pola RTVE e Voz Audiovisual estreada en xaneiro de 2020 na primeira cadea de TVE.

Argumento Durante a primeira noite de Entroido da illa de Néboa aparece o corpo dunha rapaza adolescente no Burato do Demo, un lugar rodeado de lendas urbanas: xa apareceron na mesma cova os cadáveres asasinados do mesmo xeito en 1919 e 1989. Nos dous casos estes crimes foron o inicio dunha serie de asasinatos durante os oito días das festas do Entroido. Eses asasinatos nunca se resolveron. A crenza popular di que o asasino é o "Urco", un home con cabeza de lobo que sae do mar rodeado de cadeas para levar os vivos e que, ao mesmo tempo, é unha das figuras representativas do Entroido de Néboa. Agora, Mónica e Carmela, dúas investigadoras da Garda Civil, teñen que atopar o verdadeiro asasino antes de que se esgote o tempo.

Néboa é unha illa (ficticia) de 62 quilómetros cadrados situada a 11 quilómetros da costa da Coruña. Os seus 6.673 veciños viven principalmente do mar e o turismo, e a celebración do Entroido é o seu principal atractivo. Á illa só se pode chegar nun barco que fai a travesía dúas veces por día.

É un suspense policial, de crimes, de asasino en serie.

No seu paso por TVE non acadou moito éxito de audiencia, non logrou conectar cos espectadores desde o primeiro capítulo.

Elenco

Principais

Emma Suárez - Mónica. Tenente da UCO especializada en homicidios. Isabel Naveira - Carmela. Sarxento do cuartel de Néboa. Seu pai era tenente cando os crimes do 89. Nancho Novo - Teniente Ferro. Especialista no traballo policial de proximidade. Antonio Durán “Morris” - Antón. Patrón dun dos barcos dos Ulloa. Alba Galocha - Vega. Filla de Mónica. Denisse Peña - Ana. Filla máis vella de Antón e Rosa. María Vázquez - Rosa. Defende os seus intereses e os dos compañeiros da conserveira. Xabier Deive - Gonzalo. O cura. Home calmado, reservado e curioso. Denís Gómez - Roque. Marido de Carmela e mellor amigo de Antón. Santi Prego - Alejandro. O cacique do pobo, cabeza de familia dos Ulloa. Eva Fernández - Mara. Vela pola familia dos Ulloa. Carmela Martins - Comba. Nacho Nugo - Gael Jorge Varandela - Roi Santi Cuquejo - Turco

Secundarios David Seijo Sabela Arán Luisa Merelas César Cambeiro Dani Currás Nuncy Valcárcel Federico Pérez Alfonso Agra Tacho González Fina Calleja Toni Salgado Iolanda Muíños Monti Castiñeiras Alejandro Carro Fran Nogueira Martín Duplá Ana Oca Gonzalo Ramos Episódico

Produción A serie anunciouse oficialmente a finais de marzo de 2019 . En maio dese mesmo ano, a rodaxe da serie comezou a confirmar boa parte do elenco final, incluída a protagonista principal, Emma Suárez.  Ademais, anunciouse a trama principal da serie. En agosto de 2019 rematou oficialmente a rodaxe. O mesmo mes comezou a anunciarse en TVE.

Ambientada en Galicia, o suspense gravouse no Cabo Ortegal, Estaca de Bares, O Barqueiro, Ortigueira e Cariño.

Para a produtora executiva de Voz Audiovisual, Fernanda Tabarés, “Néboa’ é un estado de ánimo: o equipo é maioritariamente galego. Rodamos na zona de Cabo Ortegal menos coñecida e retratamos unha Galicia non tópica”.

Primeira tempada N.º(serie)TítuloDirectorGuionista(s)Data de emisiónAudiencia

Notas

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión de Galicia Categoría:Series de televisión iniciadas en 2020 Categoría:Programas de Televisión Española