Camboxa presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional por primeira vez no ano 1994. O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés. O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.
Até o ano 2024, Camboxa presentou doce filmes para o Óscar ó mellor filme internacional, sendo nomeado ó premio só unha vez, co filme L'Image manquante (2013).
Propostas A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956. O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio. A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Camboxa para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.
Ano(Cerimonia) Título Título en khmer Director Resultado 1994(67ª) Neak sre អ្នកស្រែ Rithy Panh 2012(85ª) Khlea t tow sen chhngay ឃ្លាតទៅសែនឆ្ងាយ Chhay Bora 2013(86ª) L'Image manquante រូបភាពដែលបាត់បង់ Rithy Panh 2015(88ª) The Last Reel ដុំហ្វីលចុងក្រោយ Kulikar Sotho 2016(89ª) Before the Fall មុនពេលបែកបាក់ Ian White 2017(90ª) First They Killed My Father មុនដំបូងខ្មែរក្រហមសម្លាប់ប៉ារបស់ខ្ញុំ Angelina Jolie 2018(91ª) Les tombeaux sans noms ផ្នូរគ្មានឈ្មោះ Rithy Panh 2019(92ª) In the Life of Music តន្ត្រីជីវិត Caylee So, Sok Visal 2020(93ª) Fathers ដើម្បីកូន Huy Yaleng 2021(94ª) Bodeng sar ប៊ូឌីញ ស Kavich Neang 2022(95ª) Retour à Séoul Retour à Séoul Davy Chou 2024(97ª) Rendez-vous avec Pol Pot Rendez-vous avec Pol Pot Rithy Panh 2025(98ª) Anak snang akear អ្នកស្នងអគារ Inrasothythep Neth e Sokyou Chea
Notas
Categoría:Cinema de Camboxa Camboxa