The Claypool Lennon Delirium é unha banda estadounidense de rock psicodélico composta polo baixista e vocalista Les Claypool, coñecido polo seu traballo con Primus, e o guitarrista e vocalista Sean Lennon, fillo de John Lennon.

Historia Originally conceived in 2015, sabendo Claypool que Primus ía tomarse un ano de descanso despois de xirar con The Ghost of a Saber Tooth Tiger e Dinosaur Jr. Mantívose en contacto con Sean Lennon, vocalista de The Ghost of a Saber Tooth Tiger, que non tiña ningún proxecto musical planeado ara o ano seguinte.

Comezaron tendo ideas de facer un disco de rock psicodélico e rock progresivo da vella escola. Claypool convidou a Lennon á súa casa de invitados a beber viño, intercambiar algunhas ideas e tocar a batería.

Durante seis semanas compuxeron e gravaron un total de dez cancións cos dous compartindo varias responsabilidades vocais e instrumentais, indo máis aló dos seus instrumentos principais (baixo e guitarra), culminando o traballo coa edición do seu primeiro álbum de estudio, Monolith of Phobos. O disco estreouse no top 10 de tres listas da Billboard: Top Vinyl Albums, Top Tastemakers Albums e Top Alternative Albums.

O 22 de febreiro de 2019 o dúo publicou o seu segundo álbum de estudio, South of Reality. O disco foi composto e gravado en dous meses no estudio caseiro de Claypool en California, e foi precedido polo lanzamento do tema de seis minutos e medio de lonxitude "Blood and Rockets". O dúo iniciou unha breve xira para promover o álbum a finais de 2018.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloMonolith of Phobos2016ATO RecordsSouth of Reality2019ATO RecordsThe Great Parrot-Ox and the Golden Egg of Empathy2026ATO Records

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais dos Estados Unidos de América Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de art rock Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais formados en 2015