Virgilio Trabazo Serapio de Figueroa, nado en Meaño o 14 de xuño de 1901 e finado en febreiro de 1973, foi un profesor e político galego.
Traxectoria Estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Licenciado en Ciencias Químicas pola Universidade Central de Madrid, foi axudante de clases prácticas da Facultade de Ciencias da Universidade de Santiago de Compostela.El Ideal Gallego, 13-2-1927, p. 5. Foi nomeado catedrático auxiliar de Ciencias do Instituto de Tortosa en 1928.El Progreso, 5-9-1928, p. 2. En 1932 foi nomeado catedrático de Agricultura do Instituto de Lugo,La Voz de Galicia, 17-9-1932, p. 3. pasando en 1934 a desempeñar o mesmo posto no Instituto de Vigo.El Pueblo Gallego, 22-9-1934, p. 2. Foi proclamado candidato por Acción Republicana para as eleccións de novembro de 1933,El Pueblo Gallego, 14-11-1933, p. 14. integrouse despois en Izquierda Republicana, sendo elixido tesoureiro do Consello Provincial de IR de Lugo en abril de 1934,El Pueblo Gallego, 25-4-1934, p. 13. e secretario local do partido en Vigo en xaneiro de 1936.El Pueblo Gallego, 17-1-1936, p. 4. Foi presidente do Ateneo de Vigo,El Pueblo Gallego, 26-3-1936, p. 3. e vocal do Comité Pro-Autonomía de Vigo.El Pueblo Gallego, 14-6-1936, p. 2.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu co seu cuñado Ramón Calviño Salazar na madrugada do 19 de xullo á Coruña, onde embarcaron para Buenos Aires.El gabán acribillado del maestro Víctor Trabazo Foi depurado, sendo separado do servizo e baixa na escala,BOE, 27-2-1937 e abríronlle expediente por responsabilidades políticas en 1939.El Compostelano, 29-11-1939, p. 2. En 1941 logrou levar á muller e os fillos á Arxentina, onde viviu e traballou durante case 16 anos. Regresou a España logo de que as autoridades educativas franquistas lle conmutaran a sanción de separación definitiva por traslado forzoso fóra de Galicia durante cinco anos e inhabilitación para exercer cargos directivos e de confianza. Foi profesor dos institutos de Oviedo, Ourense e Pontevedra, do que tomou posesión en xullo de 1958.La Noche, 4-7-1958, p. 7.
Vida persoal Casou en Meaño en 1928 con Ángeles Calviño Salazar,El Pueblo Gallego, 12-9-1928, p. 13. filla de Manuel Calviño Cobas e Esperanza Salazar de Lis, donos do pazo de Lis,El reparto del edificio permitió la venta de una parte al Concello y que hoy se dedique a museo e foi pai de Virgilio, Marcial, Manuel, Maria de los Ángeles e Ángel Rafael Trabazo Calviño.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Depuración franquista en el instituto de Vigo: una primera aproximación
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Meaño Categoría:Nados en 1901 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes