Matasunta ou Matasuenda (en gótico: Mat(h)aswinþa, en latín: Mathesuentha ou Matesuentha; en grego: Ματασουνθα; en italiano Matasunta), nada no 518 e finada no 551 en Rávena, é filla de Eutarico e Amalasunta, e irmá de Atalarico. Teodorico o Grande (rei dos godos) e Audofleda (irmá de Clodoveo I, rei dos francos) foron os pais da súa nai, polo que é parte da liñaxe dos Amalos e da dinastía dos francos.Martindale & Morris (1980)
Traxectoria
Primeiro casamento Polo 536, casou con Vitixes, novo rei dos ostrogodos, mediante un matrimonio forzado porque Vitixes non era dunha liñaxe relevante e a princesa era reticente a casar con alguén de nivel inferior ó dela. Así e todo, Procopio de Cesarea afirma que, deste xeito, Vitixes lexitimaba a súa posición como reiProcopius, Vol. II, De Bello Gothico I.11, p. 61. pois tralo asasinato da súa nai Amalasunta, ela era a única persoa da dinastía Amala. O panexírico deste matrimonio (no 536) foi realizado por Casiodoro, prefecto do pretorio, e conservouse. Trátase dunha fórmula retórica romana que describe a dinastía gótica baixo unha visión romana favorable.
Durante a Guerra gótica de Italia, cando estando en Rávena, a cidade foi atacada polo exército bizantino no 538, planeou entrega-la cidade ás tropas sitiadoras baixo o mando do xeneral Xoán. No 539-540 algúns almacéns de gran foron destruídos e, tamén, se sospeitou que ela fora a instigadora dos lumes. Finalmente, no 540, seu esposo Vitixes foi derrotado polo xeneral bizantino Belisario e este capturou a Vitixes e Matasunta e levounos a Constantinopla, onde Vitixes morreu sen descendencia.Chastagnol (1996)
Segundo casamento Trala morte deste, Matasunta casou en 550 con Xermano Xustino, un xeneral e patricio curmán do emperador bizantino co que tivo un fillo, Xermanus, nado logo da morte de seu pai, a finais do 550 ou principios do 551. Este seu segundo matrimonio tamén tiña un significado político, pois Xermano, nomeado por Xustiniano comandante militar supremo de Italia, estaba a preparar un exército para invadir Italia en mans dos ostrogodos antes de se produci-la guerra gótica.Bagnell Bury (1958), p. 254. Ao casar con Matasunta, converteuse nun posible pretendente ao trono dos ostrogodos, uníndose a través da súa muller á liñaxe dos Amalos. Esperaba poder inducir aos godos á paz: tiveron un fillo, tamén chamado Xermano, pero o seu esposo morreu no 551 e desbaratouse a idea dunha unión dinástica de Bizancio con Italia.
Sábese pouco, con certeza, sobre o seu fillo, aínda que hai autores que o identifican co patricio Xermanus, un senador importante no reinado do emperador Mauricio (que reinou do 582 ao 602), e cuxa filla casou con Teodosio,Martindale & Jones & Morris (1992), pp. 528, 531–532Martindale & Morris (1980), pp. 505–506 o fillo máis vello de Mauricio. Outros autores, como Michael Whitby, identifícano con outro Xermanus, xenro de Tiberio II Constantino e Ino Anastasia.Whitby (1988), p. 77
A fonte principal para a vida de Matasunta foi Xordanes que se refire a ela, na súa obra Gética, nos seguintes termos:
Nas artes Matasunta foi un dos personaxes principais da novela ucrónica de ciencia ficción De peur que les ténèbres de Lyon Sprague de Camp en 1939.
Tamén é un dos personaxes da película de aventuras For the Conquest of Rome I (1968) de Robert Siodmak. O personaxe está encarnado pola actriz sueca Harriet Andersson .
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Ostrogodos Categoría:Nados en 518 Categoría:Finados en 551