La playa DC é un filme colombiano de 2012, en coprodución co Brasil e Francia, dirixido e escrito por Juan Andrés Arango. Está protagonizado por Luis Carlos Guevara, James Solís e Andrés Murillo. Competiu na sección Un Certain Regard no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2012 e foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 86ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Tomás é un rapaz afrocolombiano desprazado dende Buenaventura até a cidade de Bogotá por mor da violencia. Alí debe emprender a busca de Jairo, o seu irmán máis novo, que desapareceu nas rúas desta gran cidade.

Personaxes Luis Carlos Guevara como Tomás James Solís como Chaco Andrés Murillo como Jairo

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 86ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Colombia Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Juan Andrés Arango