Pariente é un filme colombiano de 2016 dirixido por Iván Gaona. Foi escollido como candidato de Colombia ó Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 90ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Mariana, o amor eterno de Willington, está preparando o seu casamento con René, o curmán do seu exmozo. Namentres Willington tenta recuperala, o rumor dun ladrón na cidade e unha serie de mortes violentas que lles lembran o pasado porán en perigo a nova familia de Mariana.

Personaxes René Díaz Calderón como René Willington Gordillo como Willington Leidy Herrera como Mariana Heriberto Palacio como Heriberto Suetonio Hernández como Suetonio

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Colombia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 90ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2016 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Colombia Categoría:Filmes ambientados en Colombia