A Real Casa da Moeda de Segovia, tamén coñecida como o Enxeño de Segovia, é un edificio construído nesa cidade de Castela e León no século XVI para establecer nel a primeira casa de moeda mecanizada de España."Casa de Moneda ". En Casamonedasegovia.es"La Ceca de Segovia". En eNumismatic
A ceca estivo en funcionamento ata 1869, cando pechou, xunto coa Real Casa da Moeda de Xuvia e as demais que operaban en España, agás a de Madrid, onde se centralizou a fabricación de moeda española.
A marca de ceca que identificou tradicionalmente as moedas cuñadas na Real Casa da Moeda de Segovia foi unha representación do acueduto, agás nas derradeiras emisións de Isabel II, de 1866 a 1868, cando foi substituída por unha estrela de tres puntas."El Acueducto, marca de Ceca ". Casamonedasegovia.esMartínez.J. (2016). "Isabel II y sus diferentes marcas de Ceca ". En Numismático Digital. 5 de mayo.
Historia A orixe do Enxeño de Segovia remóntase a finais de 1580, cando Filipe II ordenou que se adoptase unha nova técnica de cuñaxe de moedas baseada no uso dun rolete. A Real Casa da Moeda de Segovia está recoñecida como un dos edificios de arquitectura industrial máis antigos de toda Europa. Foi a primeira casa da moeda mecanizada de España e tamén a primeira que pertenceu directamente á coroa. Coñecida tamén como Real Enxeño de Segovia, foi unha ceca moi innovadora no seu tempo, nun edificio deseñado para albergar unha moderna maquinaria, coñecida como "enxeño", así como os diversos departamentos do proceso industrial. O novo sistema de fabricación producía moedas en serie de xeito mecanizado, o que converteu a ceca en precursora con máis de douscentos anos de adianto ás modernas factorías da Revolución Industrial."La máquina de dinero perfecta está en Segovia". En ABC. 20 de abril de 2015. miniatura|Maqueta da maquinaria de cuñaxe da ceca, exposta no Museo de Segovia Esta tecnoloxía renacentista consistía nun sistema de laminación e cuñaxe mediante enxeños movidos por rodas hidráulicas. A técnica fora inventada en Augsburgo en 1550 e antes da súa implantación en Segovia utilizárase xa noutras cidades europeas. A máquina construída en Burg Hasegg, Hall in Tirol (Austria) levouse cara a Segovia no maior convoi industrial que se coñecía ata aquel momento.
O deseño desta vangardista fábrica débese a Juan de Herrera, un dos arquitectos máis influentes da historia de España, quen o levou a cabo xunto con outros arquitectos austríacos. O edificio áchase na marxe esquerda do río Eresma, moi próximo ao mosteiro de Santa María del Parral."Historia del edificio ". En Casamonedasegovia.es
Na actualidade é posible visitar o monumento e realízanse visitas guiadas."Visitas guiadas a la Real Casa de Moneda ". En Casamonedasegovia.es
O 8 de xuño de 2000 o conxunto arquitectónico foi declarado Ben de Interese Cultural, mediante un decreto publicado no Boletín Oficial de Castela e León o día 12 dese mesmo mes."Decreto 137/2000 do 8 de xuño". Boletín Oficial do Estado.
Museo No edificio da antiga casa da moeda hai un museo no que se reflicte a propia traxectoria das instalacións, con diversas salas nas que se presenta a historia do diñeiro e as diferentes épocas de cuñaxe de moeda na cidade con anterioridade ao establecemento da Real Casa de Moeda, xa coas primeiras emisións de moeda romana, e as medievais da ceca vella de Segovia."Museo: exposición permanente ". Casamonedasegovia.es
Pódese ver tamén a maquinaria utilizada na Real Casa nas diferentes etapas da cuñaxe e obxectos relacionados cos oficios que nela se exercían (tesoureiro, afinador, tallador, ensaiador etc.), así como unha mostra de moedas reais cuñadas na propia fábrica de moeda en diversas etapas.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Casa de moeda Cuñaxe Lista de museos numismáticos
Bibliografía
Cillanueva de Santos, M. A. (2011). La construcción del Real Ingenio de la Moneda de Segovia, a través de sus cuentas. Caja Segovia. Del Rivero, C. M. (2014). El Ingenio de la Moneda de Segovia. Ed. Maxtor. Madrid. ISBN 978-8490014189 Gómez Nieto, L.; Arévalo Santiuste, A. (1992). "El ingenio de Segovia en el siglo XVII a través de la documentación del Archivo de Palacio. En Estudios Segovianos. 33. Páxinas 421-504. Murray Fantom, G. S. et al. (2006). El Real Ingenio de la Moneda de Segovia: maravilla tecnológica del siglo XVI. Fundación Juanelo Turriano. ISBN 978-8492075539 Murray Fantom, G. S. (2006). La historia del Real Ingenio de la Moneda de Segovia y el proyecto para su rehabilitación. Fundación Real Ingenio de la Moneda de Segovia. ISBN 84-609-8974-7 Murray Fantom, G. S. (2019). El Real Ingenio de la Moneda de Segovía: Guía del Monumento y de las Acuñaciones en Segovia. Desde 30 A.C. hasta 1869. Asociación Amigos de la Casa de la Moneda de Segovia. ISBN 978-1679438899 Prieto Gallego, J. (2013). "La Real Casa de Moneda de Segovia". En El norte de Castilla - Guía para salir. Rudolf, K. F. (2013). La nueva Casa de Moneda de Segovia. Real Casa de Moneda de Segovia.
Ligazóns externas
Sitio web da Real Casa de Moeda de Segovia Asociación Amigos de la Casa de la Moneda de Segovia
Categoría:Casas de moeda de España Categoría:Moedas de España Categoría:Historia de Castela e León Categoría:Museos de numismática