Viet Cong é o álbum de estudio da banda canadense de post-punk Viet Cong, publicado o 20 de xaneiro de 2015 a través do selo Flemish Eye no Canadá e de Jagjaguwar internacionalmente. Viet Cong é o único disco editado pola banda con ese nome, xa que o cambiaron a "Preoccupations" en 2016.
O primeiro sinxelo do álbum, "Continental Shelf", foi editado en streaming o 15 de outubro de 2014. O disco tamén conta cunha versión regravada dun tema anterior, "Bunker Buster". A banda realizou unha xira por América do Norte e Europa para promover o álbum.
O álbum foi gravado durante o ano 2014 en The Barn Window Studio, Lost Cause Studios, Basketball 4 Life e Monty's Place.Viet Cong (libreto do álbum). Viet Cong. Flemish Eye. 2015
Listaxe de cancións
Notas
Categoría:Álbums de Preoccupations Categoría:Álbums musicais de 2015 Categoría:Álbums de Flemish Eye Categoría:Álbums de Jagjaguwar