Rafael Quiroga Daviña, nado en Sirgueiros (O Incio) cara a 1886, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Fillo de Rafael Quiroga Riomol e Mercedes Daviña Durricart. Veciño de San Clodio. Foi secretario do xulgado municipal de Peñamellera Alta dende 1928.[4=loadDetailSerie&idCuadro=1002&idTipo=1580 Archivo Municipal de Peñamellera Alta] Despois foi secretario do xulgado municipal de Ribas de Sil. Foi promotor e presidente da Sociedad Cultural Recreativa Artesana de Ribas de Sil (1933). Directivo da UGT e membro da Agrupación Socialista de Ribas de Sil. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 1 de outubro e internado no Cárcere de Lugo. Foi xulgado en Lugo por rebelión militar en consello de guerra celebrado en 1937 e condenado a pena de morte. Pasou ao Hospital de onde fuxiu,Requisitoria en El Progreso, 18-4-1937, p. 3. abríronlle expediente por responsabilidades políticas en setembro de 1937.BOE, 9-10-1937, p. Permaneceu agochado até marzo de 1940, cando se entregou. Foille conmutada a pena por cadea perpetua e despois por 30 anos de reclusión maior que cumpriu na prisión de Lugo.

Vida persoal Casou con Josefa Palomil Montoto.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Ficha en Censo de Represaliados de la UGT

Causa contra Donato Pol Bao (Presidente da Agrupación Socialista Agraria en Quiroga-Lugo)

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados no Incio Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes