Jesús Verdeal Maseda, nado en Mondoñedo en 1899 e finado en Ferrol o 16 de abril de 1937, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Veciño do Barqueiro. Membro do Sindicato da Industria Pesqueira do Barqueiro da CNT. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Ferrol por rebelión militar o 15 de marzo de 1937, foi condenado a pena de morte.El Correo Gallego, 16-3-1937, p. 2. Foi executado no castelo de San Filipe de Ferrol con Jesús Castaño Galdo, Germán Cervo Maseda, Jesús María Fernández Fernández, José Rivera Vieiro e Manuel Ventosinos Pereira.
Notas
Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Mondoñedo Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Fusilados Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos