A dos mitílidos (Mytilida) é unha orde de moluscos bivalvos da subclase dos pteriomorfios.Mytlida Férussac, 1822 no WoRMS. Comprende varias especies mariñas vulgarmente coñecidas como mexillóns.<ref>mexillón no Dicionario da RAG.</ref>

A orde está formada tan só por unha superfamilia hoxe existente, a dos mitiloideos (Mytiloidea), cunha soa familia con especies viventes, a dos mitílidos (Mytilidae).

Taxonomía Descrición A orde foi descrita en 1822 polo naturalista francés André Étienne Justin Pascal Joseph François d'Audebert de Férussac.

Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, a orde coñeceuse tamén, durante moitos anos, co sinónimo:Mytiloida na ADW. Mytiloida Clasificación Desde 2010, unha proposta dun novo sistema de clasificación dos bivalvos foi publicada por Bieler, Carter & Coan, incluíndo a orde Mytilida Férussac, 1822. coa seguinte clasificación:

Superfamilia †ModiolopsoideaFamilia †ColpomyidaeFamilia †ModiolopsidaeFamilia †SaffordiidaeSuperfamilia MytiloideaFamilia †MysideiellidaeFamilia Mytilidae Características Os mexillóns caracterízanse, como todos os lamelibranquios, por: Teren unha cuncha bivalva ( é dicir, constituída por dúas valvas) que permite a protección das partes brandas. O seu manto está moi desenvolvido (formado pola epiderme e a derme) e está constituído por dúas capas paleais que envolven todo o Corpo (anatomía)corpo. Unha cavidade paleal delimitada polo manto. Dous músculos adutores que permiten o peche das valvas (o músculo adutor posterior está máis desenvolvido que o músculo adutor anterior). Branquias que se bañan na cavidade paleal, en forma de láminas (de aí o nome de lamelibranquios). Un biso (paquete de filamentos de proteínas) para unírense ao substrato, producido por unha glándula bisoxénica situada baixo o pé. A regresión dos órganos sensoriais na rexión anterior, polo que non hai unha cabeza claramente diferenciada: os mexillóns son acéfalos.

Importacia económica miniatura|Batea mexilloeira na Ría de Vigo. Tres especies de mexillóns explótanse comercialmente dada a súa importancia económica, xa que son unha importantísima fonte de proteínas para a alimentación humana, e moi apreciados gastronomicamente; por iso son recolectadas e, sobre todo, cultivadas en mitilicultura (en Galicia, unha potencia mundial, nas coñecidas bateas das rías).

Estas tres especies son: Mytilus galloprovincialis Lamarck, 1819, nas costas españolas (mediterráneas e atlánticas), e nas portuguesas. Mytilus edulis Linnaeus, 1758, nas costas atlánticas de Francia (especcialmente nas bretoas, en todo o norte de Europa, así como no Canadá. Mytilus platensis d'Orbigny, 1842, nas costas de Suramérica.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bieler, R., Carter J. G. & Coan E .V. (2010): "Classification of Bivalve families". En: Bouchet P. & Rocroi J.-P. (2010): "Nomenclator of Bivalve Families". Malacologia 52 (2): 1-184. Bieler, R.; Mikkelsen, P. M.; Collins, T. M.; Glover, E. A.; González, V. L.; Graf, D. L.; Harper, E. M.; Healy, J.; Kawauchi, G. Y.; Sharma, P. P.; Staubach, S.; Strong, E. E.; Taylor, J. D.; Tëmkin, I.; Zardus, J. D.; Clark, S.; Guzmán, A.; McIntyre, E.; Sharp, P. & Giribet, G. (2014): "Investigating the Bivalve Tree of Life – an exemplar-based approach combining molecular and novel morphological characters". Invertebrate Systematics '''28 (1): 32-115.

Outros artigos Bivalvos Mitílidos Mexillón

Categoría:Mitílidos