O Sportverein Darmstadt 1898 e.V. é un club de fútbol alemán, da cidade de Darmstadt, Hessen. Actualmente milita na 2. Bundesliga, a segunda división no fútbol alemán. O equipo foi fundado o 22 de maio de 1898 co nome de FC Olympia Darmstadt, e converteuse no Sportverein Darmstadt 98 o 11 de novembro de 1919.
Estadio
O Merck-Stadion am Böllenfalltor foi inaugurado en 1921 e sufriu varias reformas en 1950, 1974 e 2014. Tras esta última reforma o estadio quedou cunha capacidad máxima de 17.468 persoas. De 1921 a 2014 o estadio tiña o nome de Stadion am Böllenfalltor, e de 2016 a 2017 chamouse Jonathan-Heimes-Stadion am Böllenfalltor.
Palmarés Torneos nacionais Ligas Regionalliga Süd (II): 1973 2. Bundesliga Süd (II): 1978, 1981 Regionalliga Süd (IV): 2011 Hessenliga: 1950, 1962, 1964, 1971, 1999, 2004, 2008
Copas Hessenpokal: 1966, 1999, 2001, 2006, 2007, 2008, 2013
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina Web oficial do club
Categoría:Equipos de fútbol de Alemaña