Andrés Vale Blanco, coñecido como Moreno de Cobas, nado en Viveiro cara a 1908 e finado en Mondoñedo o 12 de setembro de 1936, foi un sindicalista galego.

Traxectoria Xornaleiro. Presidente da CNT en Viveiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ribadeo ao intentar pasar a Asturias e internado no depósito de Ribadeo o 2 de agosto. Foi paseado na estrada de Ribadeo a Lugo no lugar de Voltas de Prado dos Remedios, preto de Mondoñedo o 12 de setembro de 1936 con Florencio Carballo Novegil, Enrique Navarret García e Antonio María Martínez López.Iniciada en Mondoñedo la exhumación de otros cuatro fusilados de la Guerra Civil

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Viveiro Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes