Antonio María Martínez López, nado en Ribadeo cara a 1904 e finado en Mondoñedo o 12 de setembro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria Directivo do PSOE en Ribadeo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ribadeo o 22 de agosto e internado no depósito de Ribadeo. Foi paseado na estrada N-634 no lugar de Voltas de Prado dos Remedios, preto de Mondoñedo o 12 de setembro de 1936 con Andrés Vale Blanco, Florencio Carballo Novegil e Enrique Navarret García.Iniciada en Mondoñedo la exhumación de otros cuatro fusilados de la Guerra Civil Inscrito inicialmente como descoñecido, foi identificado o 28 de xaneiro de 1940.

Dionisio Gamallo Fierros dedicoulle o poema ¡Hermano labrador! ¡Hermano obrero!.Las Riberas del Eo, 18-8-1934, p. 2.

Vida persoal

Casou en Vilaframil con Concepción Fernández López en xaneiro de 1936.Las Riberas del Eo, 25-1-1936, p. 6.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ribadeo Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1936