Jesús Bellas Cao, nado en Muras cara a 1891 e finado en Lugo o 17 de xuño de 1937, foi un mineiro e sindicalista galego.

Traxectoria Mineiro. Membro do Sindicato Único de Oficios Varios de Viveiro da CNT. Foi detido en outubro de 1934 con Tomás Álvarez Ínsua, Benedicto Fuentes Díaz e Claudio Quelle Cociña, acusados de atentado con explosivos, deito polo que foron xulgados e condenados na Audiencia de Lugo o 1 de marzo de 1935; Jesús foi condenado a seis meses e un día de prisión.El Pueblo Gallego, 2-3-1935, p. 12. Comisionado en 1936 para realizar actos de propaganda e difusión do sindicato en Foz e San Cibrao. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou con Manuel Rodríguez Lago a requisa de armas e camións para a defensa da República. Foi detido e internado no depósito de Viveiro o 14 de abril de 1937. Foi xulgado en Lugo por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 17 de xuño de 1937.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha en Represión franquista en Lugo Deportados de Cuba iniciaron el movimiento obrero en A Mariña a principios del siglo XX

Categoría:Anarquistas de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Muras Categoría:Nados en 1891 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Finados en 1937