Mateo Kovačić, nado o 6 de maio de 1994 en Linz (Austria), é un futbolista croata. Xoga de centrocampista e o seu actual club é o Chelsea FC da Premier League inglesa.
Traxectoria Nado na cidade austríaca de Linz, Kovačić comezou a xogar nas categorías inferiores do LASK Linz antes de asinar polo GNK Dinamo Zagreb, onde comezou a adestrar co primeiro equipo en outubro de 2010. Debutou coma profesional contra o Hrvatski Dragovoljac o 20 de novembro de 2010.
O 31 de xaneiro de 2013, Kovačić fichou polo Inter de Milán a cambio de 15 millóns de euros. Fixo o seu debut co equipo italiano tres días máis tarde contra o Siena, nun partido da Serie A.
O 18 de agosto de 2013, anunciouse a fichaxe de Kovačić por seis tempadas polo Real Madrid CF da Primeira División Española, tras pagar o equipo branco preto de 30 millóns de euros.Kovacic ya es nuevo jugador blanco
O 8 de agosto de 2018, Kovačić foi cedido unha tempada ó Chelsea FC da Premier League inglesa. O 1 de xullo de 2019, Kovačić asinou co Chelsea un contrato por 5 anos.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil no sitio web oficial no Chelsea FC Perfil en UEFA.com
Categoría:Nados en 1994 Categoría:Nados en Linz Categoría:Futbolistas de Croacia Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do NK Dinamo Zagreb Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do Real Madrid CF Categoría:Xogadores do Chelsea FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Croacia Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014 Categoría:Futbolistas gañadores da Liga de Campións da UEFA Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022 Categoría:Xogadores da Eurocopa de Fútbol de 2024 Categoría:Xogadores do Mundial de Fútbol de 2026