María Carolina Josefina Pacanins y Niño, nada en Caracas o 8 de xaneiro de 1939, é unha deseñadora de moda venezolana coñecida como Carolina Herrera, célebre polos seu "estilo persoal excepcional", e por vestir varias Primeiras damas dos Estados Unidos, incluídas Jacqueline Onassis, Laura Bush e Michelle Obama.

Traxectoria Primeiros anos Herrera naceu en 1939 en Caracas, filla de Guillermo Pacanins Acevedo, oficial da forza aérea venezolana e antigo gobernador de Caracas, e de María Cristina Niño Passios. A súa avoa, da jet set, introduciuna no mundo da moda, levando a Carolina a mostras de Balenciaga e comprándolle roupa en Lanvin e Dior. Ela mesma dixo que "o meu ollo estaba afeito a ver cousas belas".

Carreira miniatura|Herrera en 2008 En 1965, Herrera comezou a súa carreira traballando como publicista para Emilio Pucci, marqués florentino e amigo achegado da súa familia. Comezou a traballar na tenda de Pucci en Caracas e mudouse a Nova York en 1980. Asociada con frecuencia con Mick e Bianca Jagger e Andy Warhol, en Studio 54, fíxose moi coñecida polo seu dramático estilo. Apareceu por primeira vez na International Best Dressed List en 1972, e foi escollida para o seu salón da fama en 1980. En 1981, a súa amiga Diana Vreeland, editora xefa de Vogue suxeriu que Carolina deseñase unha liña de roupa. Ela fíxoo, con mostras feitas en Caracas, e estreou a súa colección no Metropolitan Club de Manhattan con éxito de crítica. Unha coñecida tenda de Park Avenue, Martha's, aceptou mostrar a súa roupa nos seus prominentes escaparates. Tralo éxito inicial volveu a Caracas e logrou capital para financiar un lanzamento máis formal. A súa primeira mostra de 1980 incluía a que sería supermodelo Iman. Carolina Herrera presentaba a súa colección de roupa lista para levar semianualmente na Mercedes-Benz Fashion Week de Nova York.

A empresa tivo a súa sede en Nova York dende 1980, e en 1981 a marca recibiu recoñecemento de varias publicacións clave, como Women's Wear Daily e Tatler, cunha atención particular ás súas ben deseñadas mangas. Algunhas das súas clientes máis destacadas estiveron Jacqueline Kennedy Onassis, que lle pediu que deseñase o vestido para a voda da súa filla Caroline, Diana, Duquesa de Cadaval, que lle encargou o deseño para a súa voda co príncipe Charles-Philippe de Orléans, duque de Anjou, e a actriz Renée Zellweger.

A finais da década de 1980, a compañía española de perfumes Puig licenciou o nome Carolina Herrera para desenvolver e vender unha liña de perfumes. En 1995, a empresa adquiriu o negocio de moda de Carolina Herrera, manténdoa como directora creativa. En 2008, lanzaron unha marca de roupa lista para levar chamada CH Carolina Herrera; en 2012, había dezaoito tendas de Carolina Herrera e CH Carolina Herrera no mundo, e as súas liñas de roupa vendíanse en 280 tendas de 104 países. En 2011, as súas fillas Carolina Jr. e Patricia Lansing participaban na dirección creativo e no deseño. En febreiro de 2016, WWD informou de que a parte do negocio dedicado ás fragrancias tiñan máis de 25 000 puntos de venda en todo o mundo, mentres que a marca CH incluía 129 tendas independentes.

En 2015, estreouse o primeiro anuncio da marca, coas modelos Elisabeth Erm e Joséphine Le Tutour. En xullo de 2016, Herrera anunciou a estrea da súa nova fragrancia feminina, que estivo dispoñible en setembro, e que foi o seu maior lanzamento dunha fragrancia en catorce anos. A esencia chámase Good Girl e Karlie Kloss foi o seu rostro.

En 2018, Herrera mostrou a súa última liña para a súa marca e cedeu a dirección creativa a Wes Gordon.

Vida persoal En 1957, aos dezaoito anos, Herrera casou con Guillermo Behrens Tello, terratenente venezolano.Latinas in the United States: A Historical Encyclopaedia, Volume 1, pages 325-326 Antes do seu divorcio en 1964, tiveron dúas fillas: Mercedes Behrens-Pacanins. Ana Luisa Behrens-Pacanins, que casou co investidor Luis Paraud-Carpena, fillo de Fernando Paraud de Madrid, en 1989.

En 1968, casou en Caracas con Reinaldo Herrera Guevara, que herdara o título español de 5.º Marqués de Torre Casa en 1962 trala morte do seu pai. Herrera era o presentador de Buenos Días, programa informativo matinal venezolano e o fillo máis vello de Don Reinaldo Herrera Uslar, 4.º Marqués de Torre Casa, destacado dono dunha plantación venezolana de cana de azucre, aristócrata e coleccionista de arte. Así, polo seu matrimonio, Carolina tivo o título de Marquesa consorte de Torre Casa, ata que foi retirado en 1992 por non ter Reinaldo ningún fillo varón. O seu marido é editor de proxectos especiais da revista Vanity Fair. Xuntos tiveron dúas fillas, they have two daughters, Carolina Adriana Herrera-Pacanins (nada en 1969), que casou con Miguel Baez. e Patricia Cristina Herrera-Pacanins, que casou con Gerrit Livingston Lansing Jr., fillo de Suydam Rosengarten Lansing e Gerrit Livingston Lansing Sr. (descendente de Robert Livingston), in 2002.

En 2009, Herrera nacionalizouse estadounidense.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Carolina Herrera

Categoría:Nados en Caracas Categoría:Nados en 1939 Categoría:Deseñadores de moda Categoría:Empresarios do sector téxtil