Fievel e o novo mundo (en ) é un filme animado de 1986 dirixido por Don Bluth e producido por Sullivan Bluth Inc. e Amblin Entertainment. Conta a historia de Fievel Mousekewitz e a súa familia cando emigran dende o territorio ruso imperial de Ucraína cara ós Estados Unidos na procura de liberdade. Porén, pérdese e ten que atopar o xeito de reunirse con eles. Estreouse o 21 de novembro de 1986, e as críticas foron dispares mais a súa alta recadación convertérono no filme non Disney con maior recadación daquela época. O seu éxito, xunto co de The Land Before Time e Quen enganou a Roger Rabbit? de Disney, así como a marcha de Bluth, impulsaron a Steven Spielberg a crear o seu propio estudio de animación, Amblimation.

Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 31 de decembro de 1996.La Voz de Galicia, 31 de decembro de 1996. Páx. 84

Personaxes Phillip Glasser como Fievel Mousekewitz. Amy Green como Tanya Mousekewitz John Finnegan como Warren T. Rat Nehemiah Persoff como Papa Mousekewitz Erica Yohn como Mama Mousekewitz Pat Musick como Tony Toponi Dom DeLuise como Tiger Christopher Plummer como Henri le Pigeon Cathianne Blore como Bridget Neil Ross como Honest John Madeline Kahn como Gussie Mausheimer Will Ryan como Digit Hal Smith como Moe Dan Kuenster como Jake

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1986 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes dirixidos por Don Bluth Categoría:Filmes de Amblin Entertainment Categoría:Filmes de Universal Pictures Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados en 1885 Categoría:Filmes ambientados en Ucraína Categoría:Filmes de 1986 con versión en galego