Au-delà des grilles (en ) é un filme franco-italiano de 1949 dirixido por René Clément e protagonizando Jean Gabin, Isa Miranda e Andrea Checchi. Foi unha coprodución entre Francinex e Italia Produzione, producida por Alfredo Guarini a partir dun guión de Cesare Zavattini, Suso Cecchi d'Amico e Alfredo Guarini adaptado por Jean Aurenche e Pierre Bost. A banda sonora foi obra de Roman Vlad e a fotografía de Louis Page. Foi rodado en Titanus Studios de Roma con escenarios deseñados por Piero Filippone e Luigi Gervasi.
Foi galardoado co Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 23ª edición dos premios e tanto como Clément como Miranda gañardon premios no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1949.
Personaxes Jean Gabin como Pierre Arrignon Isa Miranda como Marta Manfredini Vera Talchi como Cecchina, filla de Marta Andrea Checchi como Giuseppe, marido de Marta Robert Dalban como o mariñeiro Ave Ninchi como Maria, a veciña Checco Rissone como o falsificador Renato Malavasi como o dentista Carlo Tamberlani como o inspector Vittorio Duse como o axente
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes de Italia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1949 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Italia Categoría:Filmes dirixidos por René Clément Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Óscar honorífico