Wooden Shjips é unha banda estadounidense de rock experimental e rock psicodélico procedente de San Francisco, California.

O seu son foi descrito como experimental, minimalista, drone rock, e "spacey psychedelic rock". Foi comparada a Suicide, Spacemen 3, Loop, The Velvet Underground, The Doors, Soft Machine, Guru Guru, The Black Angels e moitos outros. No presente a banda está fichada polo selo Thrill Jockey.

O guitarrista Ripley Johnson tamén toca nun proxecto paralelo, Moon Duo, formado en 2009 con Sanae Yamada. O proxecto publicou un EP e sete álbums.

A banda tocou no festival All Tomorrow's Parties en Monticello, Nova York, en setembro de 2010 a petición do director de cine Jim Jarmusch.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloWooden Shjips2007Holy MountainDos2009Holy MountainWest2011Thrill JockeyBack to Land2013Thrill JockeyV.2018Thrill Jockey

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Páxina da banda

Categoría:Grupos musicais de San Francisco Categoría:Grupos musicais de rock psicodélico Categoría:Grupos musicais de space rock Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de rock experimental Categoría:Grupos musicais formados en 2006