é un filme xaponés de 1954 dirixido por Hiroshi Inagaki e protagonizado por Toshiro Mifune. É o primeiro filme da triloxía samurai de Inagaki. O filme é unha adaptación da novela de Eiji Yoshikawa Musashi. A novela está vagamente baseada na vida do samurai xaponés Miyamoto Musashi. Na 28ª edición dos Óscar filme gañou o premio honorífico de 1955 ó mellor filme en lingua non inglesa.

Os dous filmes seguintes da triloxía son Zoku Miyamoto Musashi: Ichijōji no Kettō e Miyamoto Musashi kanketsuhen: kettō Ganryūjima.

Personaxes Toshiro Mifune como Miyamoto Musashi ou Takezo Rentarō Mikuni como Honiden Matahachi Kuroemon Onoe como sacerdote Takuan (Takuan Sōhō) Kaoru Yachigusa como Otsu Mariko Okada como Akemi Mitsuko Mito como Oko Eiko Miyoshi como Osugi, nai de Matahachi Akihiko Hirata como Seijuro Yoshioka Kusuo Abe como Temma Tsujikaze Eitaro Ozawa como Terumasa Ikeda Akira Tani como Kawarano-Gonroku

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Xapón propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1954 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Hiroshi Inagaki Categoría:Filmes de Toho Categoría:Filmes de samurais Categoría:Óscar ó mellor filme internacional