''Este artigo trata sobre o exoplaneta que orbita arredor da estrela Rosalíadecastro. Para o río galego, ver Río Sar.

Riosar, anteriormente identificado como HD 149143 b, é un planeta extrasolar que ten unha masa mínima de 1,33 masas de Xúpiter. Como é común en moitos Xúpiter quentes, a súa excentricidade orbital é baixa. Orbita arredor da estrela Rosalíadecastro.

Foi descuberto en 2005 desde o Observatorio da Alta Provenza (Francia) coa técnica de espectroscopia Doppler.

O planeta foi bautizado como "Riosar" (en referencia ao río Sar) como parte do proxecto internacional NameExoWorlds, impulsado pola Unión Astronómica Internacional (IAU). O planeta e a súa estrela foron asignados a España para a escolla do nome.http://www.nameexoworlds.iau.org/get-involved IAU100 NameExoWorlds: Get Involvedhttp://www.nameexoworlds.iau.org/spain IAU100 NameExoWorlds: Spain O nome río Sar foi proposto pola Agrupación Astronómica Coruñesa IO e foi elixido a través dunha votación en liña, conseguindo 13 413 votos en todo o estado, ou máis dun 39% do total. A súa estrela, HD 149143, foi bautizada como "Rosalíadecastro" (en referencia a Rosalía de Castro).

Notas

Categoría:Constelación de Ophiuchus Categoría:Planetas extrasolares Categoría:Rosalía de Castro