Miguel Cabrera Cabrera, nado en Gran Canaria o 12 de marzo de 1948Diario de sesiones del Senado, Junta preparatoria para la designación de presidente provisional y de la mesa de edad, celebrada el miércoles 13 de julio de 1977 é un arquitecto e político español cuxo ámbito de actuación política foi a illa canaria de Fuerteventura.

Traxectoria Estudou o bacharelato até terceiro en Fuerteventura por libre e despois no Instituto Pérez Galdós da cidade das Palmas de Gran Canaria, en Gran Canaria. Cursou a carreira de Arquitectura nas escolas de Madrid e Valencia, onde obtivo a licenciatura en 1973. Exerceu a súa profesión en Gran Canaria e Fuerteventura. En 1975 foi elixido membro da Xunta de Goberno do Colexio de Arquitectos ata que dimitiu ó dar comezo as eleccións xerais de 1977.

Para as eleccións xerais de 1977 fundou Asemblea Majorera, coa que foi elixido senador por Fuertenventura. Non repetiu nas seguintes, ó ser superado por dez votos (4.468 fronte a 4.458) polo candidato de UCD, pero foi novamente elixido nas eleccións xerais de 1982. Nas eleccións ó Parlamento das Canarias de 1987 e 1991 foi elixido deputado por Asemblea Majorera.

En 2010 foi nomeado director xeral de Infraestrutura Turística do goberno das Canarias.

Notas

Categoría:Nados en 1948 Categoría:Nados en Gran Canaria Categoría:Políticos de Coalición Canaria