The Favourite é un filme de 2018 dirixido por Yorgos Lanthimos e escrito por Deborah Davis e Tony McNamara. É unha coprodución entre o Reino Unido, os Estados Unidos de América e Irlanda. Ambientado na Inglaterra do século XVIII, o filme aborda a relación entre dúas curmás, Sarah, duquesa de Marlborough (Rachel Weisz) e Abigail Masham (Emma Stone), quen tamén se converteu en baronesa de Masham, no seu intento por converterse na favorita da Corte de Ana de Gran Bretaña (Olivia Colman). A rodaxe realizouse en Hatfield House en Hertfordshire e no Hampton Court, Surrey, entre marzo e maio de 2017.

Personaxes Olivia Colman como Raíña Ana Emma Stone como Abigail Rachel Weisz como Lady Sarah Nicholas Hoult como Harley Joe Alwyn como Masham James Smith como Godolphin Mark Gatiss como Lord Marlborough Jenny Rainsford como Mae

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2018 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Yorgos Lanthimos Categoría:Filmes de Fox Searchlight Pictures Categoría:Filmes de Film4 Productions Categoría:Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América