Francesca (Frankie) López da Silva ou Francesca López d´a Silva, nada en Ferrol en 1968, é unha artista plástica e autora galega. Traballa como ilustradora e escritora de libros para infantes, pintura e escultura.
Traxectoria É unha ilustradora e escritora de libros infantís, pintora, acuarelista e escultora natural do Ferrol que reside en Vigo. A orixe da súa familia sitúase entre Quiroga e O Courel. Esta entorna das súas estadías de nena, de lendas e paisaxe da Ribeira Sacra son inspiración para as súas obras, como ilustra en Dragóns no Courel . Noutras obras destaca a vertente social e educadora, onde os valores positivos da natureza dos animais con responsabilidade xoga o roll dominante. Os seus libros de contos están publicados pola editorial Elvira . Imparte obradoiros para nenos e nenas e contacontos .
No ano 2019 presentou Nerón, o canciño que roda por Vigo como resultado do éxito xurdiu a cooperación e apoio da autora/ilustradora coa firma de moda Dolores Promesas. No Nadal 2019-2020 foi libro recomendado de Literatura Infantil e Xuvenil Galega, listaxe da LIX galega, para agasallar.
Obras
Libros de contos El pequeño diccionario equivocado. Ed Elvira 2012 Dragóns no Courel. Ed Elvira 2013 Nerón o canciño que roda por Vigo. Ed Elvira 2019
Notas
Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Pintores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1968