Kathi Lynn Wilcox, nada o 19 de novembro de 1969, é unha músico estadounidense. É a baixista de The Julie Ruin e tocou en bandas como Bikini Kill, The Casual Dots e The Frumpies.
Traxectoria Wilcox foi ao The Evergreen State College onde estudou cine e traballou con Tobi Vail nunha tenda de bocadillos.Marcus, Sara (2010). Girls to the Front: The True Story of the Riot Grrrl Revolution. New York: HarperPerennial. p. 45. ISBN 978-0-06-180636-0 Durante ese tempo ela e as súas amigas Kathleen Hanna e Vail collaboraron nun fanzine feminista titulado Bikini Kill.Chick, Steve (2007). Psychic Confusion: The Sonic Youth Story. p. 365. ISBN 978-0-85712-054-0 As tres mulleres recrutaron á guitarrista Billy Karren e formaron unha banda feminista tamén chamada Bikini Kill. Wilcox proporcionou voces, baixos e baterías para o grupo, que estivo activo ata o ano 1997 e é considerado unha das bandas definitivas do movemento riot grrrl. Wilcox despois actuou nas bandas The Feebles, The Frumpies, Star Sign Scorpio e colaborou con Christina Billotte e Steve Dore en The Casual Dots. No presente traballa coa súa compañeira en Bikini Kill Kathleen Hanna na banda The Julie Ruin.
Wilcox colaborou co membro de Fugazi Brendan Canty na canción principal do programa para nenos orientado ao punk Pancake Mountain.
Notas
Categoría:Nados en 1969 Categoría:Baixistas dos Estados Unidos de América