It Chapter Two é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Andy Muschietti. É a secuela do filme de 2017 It, e ámbolos dous están baseados na novela homónima de Stephen King publicada en 1986. O guión foi escrito por Gary Dauberman e a historia está ambientada en 2016, 27 anos despois da historia do primeiro filme. Está protagonizado por Jessica Chastain, James McAvoy, Bill Hader, Isaiah Mustafa, Jay Ryan, James Ransone, Andy Bean e Bill Skarsgård, quen retoma o papel como Pennywise.

As conversas sobre a secuela de It comezaron en febreiro de 2016. En setembro de 2017, New Line Cinema anuniciou o seu lanzamento en setembro de 2019, con Dauberman escribindo o guión e Muschietti como director. A fotografía principal comezou o 19 de xuño de 2018, en Pinewood Toronto Studios e en localizacións en Port Hope, Oshawa e Toronto, rematando o 31 de outubro de 2018. O filme foi producido por New Line Cinema, Double Dream, Vertigo Entertainment e Rideback, e foi distribuído por Warner Bros. Pictures.

It Chapter Two estreouse nos Os Ánxeles o 26 de agosto de 2019, e nos cinemas dos Estados Unidos o 6 de setembro de 2019, en formato 2D, Dolby Cinema e IMAX. Recadou máis de 472 millóns de dólares en todo o mundo. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica, que eloxiou a actuación e as temáticas, mais criticou a súa duración de case 3 horas e os sustos máis débiles comparando coa súa predecesora.

Personaxes Jessica Chastain como Beverly Marsh Sophia Lillis como Beverly Marsh de nena James McAvoy como Bill Denbrough Jaeden Martell como Bill Denbrough de neno Bill Hader como Richie Tozier Finn Wolfhard como Richie Tozier de neno Isaiah Mustafa como Mike Hanlon Chosen Jacobs como Mike Hanlon de neno Tristian Levi Cox e Torian Matthew Cox como Mike con catro anos Jay Ryan como Ben Hanscom Jeremy Ray Taylor como Ben Hanscom de neno James Ransone como Eddie Kaspbrak Jack Dylan Grazer como Eddie Kaspbrak de neno Andy Bean como Stanley Uris Wyatt Oleff como Stanley Uris de neno Bill Skarsgård como Pennywise the Dancing Clown / "It"

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Andy Muschietti Categoría:Filmes con banda sonora de Benjamin Wallfisch Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes baseados en obras de Stephen King Categoría:Filmes ambientados en 1989 Categoría:Filmes ambientados en 2016 Categoría:Filmes ambientados en Maine Categoría:Filmes sobre psicópatas Categoría:Filmes sobre violencia doméstica Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX