miniatura|División eclesiástica de Galicia. O arciprestado de Tea-Condado é un arciprestado pertencente á diocese de Tui-Vigo. Abrangue 49 parroquias e 5 anexos dos concellos de Mondariz, As Neves, Ponteareas e Salvaterra de Miño.

Historia Foi creado polo Decreto do 29 de xuño de 2016, mediante fusión dos arciprestados de Tea e Salvaterra, e a anexión das parroquias de Ponteareas e Salvaterra de Miño que antes pertencían ó arciprestado de Entenza; que á súa vez se fusionou co de Tui, formando o arciprestado de Tui-Entenza.

Xeografía O arciprestado aséntase na bisbarra do Condado, e é atravesado polo río Tea. Estas dúas características danlle o nome de Tea-Condado. Limita cos arciprestados de Redondela-Oitavén, Montes-Mondariz, San Martiño, Tui-Entenza e A Louriña; todos eles da diocese Tui-Vigo. Ademais, limita polo sur co arciprestado de Monção, pertencente á diocese portuguesa de Viana do Castelo.

Parroquias e Anexos As seguintes parroquias e anexos integran o arciprestado de Tea-Condado:

San Paio de Alxén San Pedro de Angoares San Pedro de Arantei San Breixo de Arcos Santa María de Areas San Lourenzo de Arnoso Santa Baia de Batalláns Santa Cristina de Bugarín San Miguel de Cabreira San Fins de Celeiros San Xoán de Cerdeira San Miguel de Corzáns San Salvador de Cristiñade Santo Estevo de Cumiar San Paio de Fiolledo San Mamede de Fontenla San Xoán de Fornelos San Miguel de Guillade San Xulián de Guláns San Salvador de Nogueira Santa María de Oleiros San Lourenzo de Oliveira San Mateo de Oliveira Santiago de Oliveira San Salvador de Padróns Santa Mariña de Pesqueiras San Miguel de Ponteareas San Paulo de Porto San Nicolao de Prado San Xurxo de Ribadetea San Cibrán de Ribarteme San Xosé de Ribarteme Santiago de Ribarteme San Xoán de Rubiós San Lourenzo de Salvaterra Santa Uxía de Setados Santa María de Taboexa Santiago de Tortoreos Santo André de Uma Santa María de Vide San Martiño de Vilasobroso Santa Mariña de Xinzo

Anexos

San Pedro de Batalláns (San Miguel de Guillade) Santa María de Liñares (Santiago de Tortoreos) Santo André de Lourido (San Xoán de Fornelos) Santa Comba de Soutolobre (San Mateo de Oliveira) San Xoán de Vilacova (San Lourenzo de Oliveira)

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén Outros artigos Arciprestado de Tea Arciprestado de Salvaterra Arciprestado de Entenza

Tea-Condado