O Hamburg Towers é un equipo profesional de baloncesto alemán con sede na cidade de Hamburgo. O club actualmente xoga na Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto xermano. Fundado en 2013, desde 2014 xoga os seus partidos como local no Edel-optics.de Arena, pavillón con capacidade para 3 400 espectadores.

Historia Desde a quebra do BCJ Hamburg en 2020, Hamburgo non contaba con ningún equipo profesional de baloncesto. Para remediar esta situación, en febreiro de 2013 o ex-xogador Pascal Roller e o empresario Wolfgang Sahm anunciaron os seus plans para a creación dun novo equipo para levar de volta á cidade este deporte a nivel profesional. O obxectivo orixinal do club era obter os dereitos deportivos dun club da Basketball Bundesliga, a máxima categoría do baloncesto do país. Con todo, non foi posíbel e o equipo inscribiuse para a temporada 2014−15 na ProA, a segunda división.

O club debutou na ProA o 28 de setembro de 2014, nun encontro como local que gañou por 66−65 ante os Gießen 46ers. Na súa tempada de debut, o equipo terminou oitavo na clasificación. Na seguinte temporada, a 2015−16, os Towers tiveron a asistencia media máis alta de todos os clubs ProA con 3.047 por xogo. Na temporada 2018−19, o equipo hamburgués terminou a temporada regular en cuarto lugar, o que lle permitiu disputar as eliminatoiras polo ascenso. Despois de derrotar o 30 de abril aos favoritos Chemnitz Niners en semifinais, o equipo ascendeu ao Basketball Bundesliga. Xa nas finais, o equipo consegue o título despois de derrotar aos Nürnberg Falcons.

Temporadas AnoNivelDivisión2014–15 2ProA 8 15–182015–16 2ProA 5 2016–17 2ProA 9 14–162017–18 2ProA 10 13–17 2018–19 2ProA 1 26–152019–20 1Basketball Bundesliga 17 3–172020–21 1Basketball Bundesliga 7 21–13

Xogadores Destacados

Adin Vrabac Beau Beech Heiko Schaffartzik Jorge Gutiérrez Justus Hollatz Louis Olinde Marvin Ogunsipe Michael Carrera René Kindzeka Yannick Franke Maik-Kalev Kotsar

Adestradores Hamed Attarbashi (2014−2018) Benka Barloschky (2018) Mike Taylor (2018−2020) Pedro Calles (2020−presente)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Hamburg Towers