Cayetana foi unha banda estadounidense de indie rock formada en Filadelfia, Pensilvania, no ano 2011.
Historia Kelly Olsen e Allegra Anka coñecéronse mentres estudaban na universidade en Nova York antes de regresar ás súas casas en Filadelfia, onde coñeceron a Augusta Koch. Cayetana comezou a tocar no ano 2011. A banda publicou o seu primeiro EP, titulado Cayetana EP, en 2012.
A principios de 2014 foron fichadas polo selo Tiny Engines e en marzo editaron un sinxelo en 7" titulado "Hot Dad Calendar".
O 9 de setembro de 2014 Cayetana publicou o seu álbum de estrea, Nervous Like Me, a través de Tiny Engines. Dous anos despois Cayetana editou un EP a través de Asian Man Records titulado Tired Eyes. Tamén en 2016 a banda lanzou un disco compartido con Camp Cope a través do selo Poison City Records.
No ano 2017 a banda publicou o seu segundo álbum de estudio, New Kind of Normal, a través do selo propio selo discográfico, Plum Records.
En 2018 as súas membros comezaron a traballar noutros proxectos, tocando agora Koch no dúo Gladie. A banda anunciou a súa disolución en 2019 realizando o seu derradeiro concerto en Filadelfia o 3 de agosto dese ano.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloNervous Like Me2014Tiny EnginesNew Kind of Normal2017Plum Records
Notas
Categoría:Grupos musicais de Filadelfia, Pensilvania Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de pop punk Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais de emo Categoría:Grupos musicais formados en 2011 Categoría:Bandas de mulleres