Whirimako Black, nada en Whakatāne en 1961, é unha actriz e cantante maorí. Black leva unha tatuaxe feminina maorí na súa cara, un tā moko, que é un símbolo cultural de orgullo e beleza.
Traxectoria Black canta principalmente en lingua maorí, emprega formas musicais tradicionais maorís e colabora con instrumentos tradicionais taonga pūoro. En 1991, formou o grupo de música feminino Tuahine Whakairo mais abandonouno en 1993 para comezar unha carreira en solitario. Entre as súas composicións están os títulos da serie de Television New Zealand The New Zealand Wars, así como a composición, xunto con Hori Tait, da música inicial do programa de novas maorí Te Karere.
No New Year Honours de 2006, Black foi nomeada membro da Orde do Mérito de Nova Zelandia polas súas achegas á música maorí.
Black fixo o seu debut como actriz no filme de 2013 White Lies. Pola súa interpretación, foi nomeada na categoría de mellor actriz nos Premios Asia Pacific Screen.
Discografía 2000: Hinepukohurangi: Shrouded in the Mist 2003: Hohou Te Rongo: Cultivate Peace 2004: Tangihaku 2005: Kura Huna 2006: Soul Sessions 2007: Whirimako Black Sings
Notas
Categoría:Nados en 1961 Categoría:Nados en Nova Zelandia Categoría:Cantantes de Nova Zelandia Categoría:Cantantes en lingua maorí