A Facultade de Ciencias da Coruña é un centro de ensino da Universidade da Coruña, situado no campus da Zapateira. Titulacións No curso 2020-2021 na Facultade impártense as seguintes titulacións:Datos na páxina web da Facultade.
Graos Grao en Bioloxía Grao en Química Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía Programa de simultaneidade do Grao en Bioloxía e o Grao en Química
Másteres Máster Universitario en Acuicultura Máster Universitario en Biodiversidade terrestre: caracterización, conservación e xestión Máster Universitario en Bioloxía mariña Máster Universitario en Bioloxía molecular, celular e xenética Máster Universitario en Biotecnoloxía avanzada Máster Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión ambiental Máster Universitario en Investigación química e Química industrial Máster Universitario en Neurociencia
Información sobre as titulacións Grao en bioloxía.Grao en Bioloxía no sitio web da UDC. Coordinador: Lucía Couceiro López Créditos: 240 Prazas ofertadas: 70 Obxectivos: o obxectivo fundamental é que o estudantado adquira os coñecementos que debe ter un biólogo para alcanzar unhas competencias profesionais que permita aos titulados desenvolveren a súa actividade profesional descrita no "Estatuto dos Colexios Oficiais de Biólogos" (Real decreto 693/1996. BOE do 23 de maio de 1996, e Real decreto 1754/1998, BOE do 7 de agosto de 1998). Nota: este estudo é plurilingüe. O alumnado terá a opción de cursar parte do estudo en outras linguas. Grao en Química.Grao en Química no sitio web da UDC. Coordinadora: María José González Castro Créditos: 240 Prazas ofertadas: 50 Obxectivos: o obxectivo fundamental é que os estudantes adquiran os coñecementos que debe ter un químico para alcanzar unhas competencias profesionais que regulan os "Colexios Profesionais de Químicos" (Decreto de 9 de marzo de 1951, Ordes de 10 de xaneiro de 1952 e de 9 de decembro de 1961, Lei 2/1974 de 13 de febreiro, Lei 7/1997 de 14 de abril, Real Decreto-lei 6/2000 de 23 de xuño, Real Decreto 3428/2000 de 15 de decembro) permitindo aos titulados desenvolver o labor profesional dun químico.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Bioloxía Química Universidade da Coruña
Ligazóns externas Páxina web da Facultade
Categoría:Facultades na Coruña Categoría:Ciencias naturais