A dos Galotiinos (Gallotiinae) é unha subfamilia de réptiles da orde dos escamosos, suborde dos lacertilios, infraorde dos escincomorfos, unha das dúas en que se subdivide a familia dos lacértidos.
As súas especies distribúense polas illas Canarias, a Península Ibérica e os tres estados do noroeste de África: Marrocos, Alxeria e Tunisia.
Taxonomía Descrición A subfamilia foi descrita en 1984 polos zoólogos españois Jesús Cano Pérez, Marcos Báez, Luis Felipe López-Jurado e Gloria Ortega.J. Cano, M. Báez, L. F. López-Jurado & G. Ortega (1984): "Karyotype and Chromosome Structure in the Lizard Gallotia galloti in the Canary Islands". Journal of Herpetology 18 (3): 344-346.
Etimoloxía O nome científico Gallotiinae está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Gallotia, coa adición do sufixo do latín científico -inae, propio dos nomes das subfamilias dos animais.
Clasificación A subfamilia comprende unicamente dous xéneros, con 14 especies:Gallotiinae en The Reptile Database.
Subfamilia Gallotiinae Cano, Baez, López-Jurado & Ortega, 1984 Gallotia, con 8 especies propias das illas Canarias.Barahona, F.; Evans, S. E.; Mateo, J. A.; García-Márquez, M. & López-Jurado, L. F. (2000): "Endemism, gigantism and extinction in island lizards: the genus Gallotia on the Canary Islands". J. Zool. 250 (3): 373-388. Gallotia atlantica (Peters & Doria, 1882) Gallotia auaritae Mateo, García-Márquez, López-Jurado & Barahona, 2001 Gallotia bravoana Hutterer, 1985 Gallotia caesaris (Lehrs, 1914) Gallotia galloti (Oudart, 1839) Gallotia intermedia Barbadillo, Lacoba, Pérez-Mellado, Sancho & López-Jurado, 1999 Gallotia simonyi (Steindachner, 1889) Gallotia stehlini (Schenkel, 1901) Psammodromus, con 6 especies que se encontran en Europa e nos países do norte de África ribeiráns do mar Mediterráneo. Psammodromus na EOL. Psammodromus algirus Linnaeus, 1758 Psammodromus blanci Lataste, 1880 Psammodromus edwarsianus (Dugès, 1829) Psammodromus hispanicus Fitzinger, 1826 Psammodromus microdactylus Boettger, 1881 Psammodromus occidentalis Fitze, González-Jimena, San-José, San Mauro & Zardoya, 2012.Fitze, Patrick S.; Gonzalez-Jimena, V.; San-José, L.M.; San Mauro, D. & Zardoya, R. 2012. A new species of sand racer, Psammodromus (Squamata: Lacertidae), from the Western Iberian Peninsula. Zootaxa 3205: 41–52.
Ademais, describíronse algúns taxons fósiles como, por exemplo, Janosikia ulmensis do mioceno inferior de Alemaña, e Pseudeumeces cadurcensis do oligoceno.<ref>Andrej Čerňanský, Jozef Klembara & Krister T. Smith (2016): "Fossil lizard from central Europe resolves the origin of large body size and herbivory in giant Canary Island lacertids". Zoological Journal of the Linnean Society 176 (4): 861–877.</ref>
Características Os galotiinos son en xeral similares ás especies da outra subfamilia dos lacértidos, a dos lacertinos. Chaman a atención as especies case extintas e recentemente redescubertas nas illas de Gran Canaria, Tenerife, La Gomera e El Hierro, que poden medir medio metro ou incluso 75 cm de lonxitude (xigantismo insular). Os galotiinos difieren principalmente dos lacertinos pola súa capacidade para emitiren sons, e por posuíren espiñas suaves na zona de división dos dous hemipenes, que desta maneira non están enganchados.
En Galicia En Galicia viven días especies do xénero Psammodromus: Psammodromus algirus. Psammodromus hispanicus.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cano, J.; M. Baez, L. F. López-Jurado & G. Ortega(1984): "Karyotype and Chromosome Structure in the Lizard, Gallotia galloti in the Canary Islands". Journal of Herpetology 18 (3): 344-346. Galán Regalado, Pedro e Fernández Arias, Gustavo (1993): Anfibios e réptiles de Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-722-6. Mayer, W. & Benyr, G. (1994): "Albumin-Evolution und Phylogenese in der Familie Lacertidae (Reptilia: Sauria)". Annalen des Naturhistorischen Museums in Wien. Serie B für Botanik und Zoologie 96''': 621–648.
Outros artigos Lacértidos
Categoría:Réptiles Categoría:Réptiles de África Categoría:Réptiles de España Categoría:Réptiles de Europa