Apus é un xénero de aves da subclase das neornites, infraclase dos neognatos (clado dos cipselomorfos), orde dos apodiformes, subfamilia dos apodinos e tribo dos apodininos, que é o tipo da familia, da subfamilia e da tribo.

Características Son aves pequenas de longas ás, coloración escura, e moi boas voadoras, coñecidas en galego como cirrios, ou birrios, e semellantes ás salanganas de Asia e Oceanía, pero estas pertencen a outra tribo, a dos colocaliinos.

Morfoloxicamente son parecidos ás andoriñas, pero non están estreitamente emparentados con elas, nin con ningún paseriforme; as semellanzas coas andoriñas son só o resultado dunha converxencia evolutiva.

En Galicia En Galicia pódense atopar catro especies: Apus affinis, o cirrio pequeno.Conde Teira, M. A. (1999): "Lista de nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada". Chioglossa 1: 121-138. Apus apus, o cirrio común,Dicionario Digalego cirrio ou cirrio. Apus melba, o andoriñón real, ou andurón real.Penas Patiño, X. M.; Carlos Pedreira López e Calros Silvar (2004): Guía das aves de Galicia. A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-9612-869-5. Apus pallidus, o cirrio pálido.

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Hoyo, Josep del; Andrew Elliott, Jordi Sargatal & Nigel J. Collar (1999): Handbook of the Birds of the World, Vol. 5: Barn Owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.

Outros artigos Apodiformes Apódidos

Categoría:Apódidos