Mom Luang Boonlua DebyasuvarnMom Luang é un título que indica que foi tataraneta dun rei., nada co noome de Kunchon en Bangkok o 13 de decembro de 1911 e finada o 7 de xuño de 1982, foi unha escritora, tradutora e educadora tailandesa, coñecida co pseudónimo literario de Boonlua. Está considerada unha das educadoras máis importantes de Tailandia durante unha fase crucial da modernización do país.

Traxectoria Foi a menor dos 32 fillos e fillas de Chao Phraya Thewet, oficial de alta gradación, e a única filla de Mom Nual, bailarina clásica tailandesa. Fixo educación primaria nun convento católico, e a educación secundaria en Penang e na Escola Saint Mary’s S.P.G. en Bangkok. En 1936 graduouse en Lingua e literatura tailandesa pola Universidade Chulalongkorn, e en 1950 rematou un mestrado de Educación na Universidade de Minnesota.

Despois de graduarse comezou a traballar como funcionaria, primeiro como profesora de literatura e despois na administración educativa para o Ministerio de Educación de Tailandia. Despois de facer o mestrado, para o que recibiu unha bolsa, regresou ao seu país. En 1968 encargóuselle crear a Facultade de Artes no campus do Palacio Sanam Chandra da Universidade Silpakorn.

En 1970 deixou de traballar como funcionaria, e dedicouse á escrita. Publicou cinco novelas, varios ensaios sobre literatura tailandesa e estableceu as bases para a crítica literaria moderna tailandesa. Algunhas das súas obras foron traducidas ao inglés e analizadas en estudos de literatura comparada de Asia do Sueste. Tamén traduciu obras do inglés ao tailandés e do tailandés ao inglés.

Vida persoal A súa irmá Buppha Kunchon Nimmanhemin tamén é escritora, co pseudónimo literario de Dō̜kmai Sot.

Obra Thutiyawiset (1968; novela) Suratnari ("O país de mulleres", 1972; novela) Sneh Plai Jwak ("A culler máxica de cociñar"; novela curta)

Notas

Categoría:Nados en 1911 Categoría:Finados en 1982 Categoría:Nados en Bangkok Categoría:Escritores de Tailandia Categoría:Escritores en lingua tailandesa Categoría:Alumnos da Universidade Chulalongkorn Categoría:Alumnos da Universidade de Minnesota