miniatura|Breogán, personificación nacional de Galicia Unha personificación nacional é a antropomorfización dunha nación, que pode aparecer tanto en caricaturas editoriais como en selos, moedas, propaganda, documentos oficiais etc. Estas personificacións son utilizadas polas súas respectivas nacións para exaltaren características, valores e virtudes propias do país.

Algunhas personificacións temperás no mundo occidental tendían a ser manifestacións nacionais que tiñan aspecto de nai ou de guerreira, e con frecuencia tomaban o nome latino da antiga provincia romana que simbolizaban, como Hispania, Britannia, Germania ou Helvetia.

Historia miniatura|Cartel da guerra civil española coa aperta entre Marianne e Hispania, senllas personificacións nacionais de Francia e España As alegorías como personificación nacional con forma de muller xurdiron xa na Antiga Grecia. De feito, malia non quedar mostra ningunha, sábese que houbo xa relevos e estatuas en Grecia que representaban a Hellas —a alegoría de Grecia— a pesar de estar daquela a rexión dividida en polis. Seguramente a crearon ao asumiren a súa historia e cultura comúns fronte aos persas durante as guerras médicas."Hellas ". En Smith, A. C. (2003). Páxina 15. Roma continuou este costume, sobre todo na numismática, cuñando moedas de alegorías que representaban a Roma, Constantinopla ou as provincias romanas, como Hispania, Britania, Galia etc.

Algunhas destas alegorías seguiron aparecendo na Idade Media e na Idade Moderna, aínda que o seu esplendor se produciu durante o movemento artístico do romanticismo, que se deu no século XIX. Mesmo nacións que carecían destas alegorías con base histórica acabaron por inventalas. O romanticismo propugnaba unha volta á orixe das nacións; ollaba o pasado con certa nostalxia, tanto a Idade Antiga como o medievo, e isto trouxo como consecuencia un desenvolvemento artístico en todo o relativo ao pasado das nacións, co fin de exacerbar o nacionalismo.Berger, S. et al. (2013).

As personificacións nacionais foron un instrumento dos gobernos para a propaganda en tempos de guerra e para acrecentar o sentimento de pertenza e orgullo nacional entre a poboación. En prazas e rúas de toda Europa erguéronse estatuas de personificacións de antigas provincias romanas ou inventadas ad hoc; algunhas protagonizaban poemas ou mesmo himnos, como Britannia na canción patriótica Rule, Britannia!."Rule Britannia". The Britannia and Castle: Norfolk Section. 2002.

Algunhas destas figuras caeron no esquecemento ou se abandonaron polo auxe do fascismo nalgúns países e a súa posterior derrota na segunda guerra mundial, como foi o caso de Austria.

Estas personificacións nacionais adoitan ser figuras femininas. Ás veces aparecen como unha nai e outras como unha guerreira —ou como unha valquiria nas alegorías escandinavas— defendendo o seu pobo. Noutros casos as personificacións son figuras masculinas, como no caso do Tío Sam, nos EEUU, ou John Bull, en Inglaterra. Moitas nacións tamén dispoñen dunha representación animal, como é o caso de Rusia co oso ruso. Por último, existe outro tipo de personificacións que caracterizan o cidadán medio dun país, como Ze Povinho (Portugal) ou Deutscher Michel (Alemaña), que na súa maioría adoitan corresponder a figuras tamén masculinas."Mass-Producing Traditions: Europe, 1870-1914". En Hobsbawm, E.; Ranger, T. (1983). Páxinas 263-307.Beam, C. (2010). "Oncle Jacques? Onkel Friedrich? Tio José? Do other countries have their own Uncle Sams?". En Slate. 2 de xullo.

Personificacións por país ou territorio Na lista que se engade a seguir inclúense, á parte das personificacións dunha nación de forma antropomorfa, tamén certos personaxes lendarios (non históricos) fundadores dunha nación, ademais de representacións dunha nación con forma de animal e as personificacións do cidadán medio dun país.

PaísImaxePersonificaciónAnimal alegóricoKoroghlu.Minahan, J. B. (2009). Páxina 317.75pxNai Albania (albanés: Nëna Shqipëri).Minahan, J. B. (2009). Páxina 303.Aguia bicéfala.75pxGermania; Deutscher Michel.Sagarra, E. "The strange history of der deutsche Michel. The role of national stereotypes in intercultural language teaching ". En JFL Journal.Denkler, H. (1971).Minahan, J. B. (2009). Páxina 408.Kriz, K. et al. (2012). Páxina 85.Aguia federal alemá.75pxNai Armenia (armenio: Մայր Հայաստան, Mayr Hayasdan).Minahan, J. B. (2009). Páxina 309. 75pxDiversas alegorías ao estilo da Marianne, mais sen nome propio; Martín Fierro.Minahan, J. B. (2009). Páxina 216.Hanway, N. (2003). Páxina 147.75pxO raparigo de Manly (en inglés: Little Boy from Manly)."The Little Boy from Manly". En Davison, G. (1998). Páxina 395. Canguro boxeador.75pxAustria.Minahan, J. B. (2009). Páxina 314.Aguia bicéfala.Nai Bengal ou Bangamata (bengalí: বঙ্গমাতা).Singh, A. et al. (2016). Páxinmas 98-99. Tigre de Bengala."National Symbol. National Animal ". Bangladesh Tourism Board.75pxBélxica (francés: La Belgique; latín: Belgica)."Ville de Paris. 8ème arrondissement". En Bel-Memorial.Leo Belgicus.Van der Heijden, H. A. M. (2006).Cóndor.75pxEfixie da República (portugués: Efígie da República).Minahan, J. B. (2009). Páxina 228.75pxNai Bulgaria.Peleva, I.; Spassova-Dikova, J. "Figuring the Motherland and Staging the Party Father in Bulgarian Literature: Figurations of the Mother". En Cornis-Pope, M.; Neubauer, J. (2010). Páxinas 176-179. Preah Thong; Neang Neak."Brief History: Legend ". En Cambodian Community Day.75pxJohnny Canuck; Le Vieux de '37 (no Quebec).Barber, K. (2007). Páxina 70.Minahan, J. B. (2009). Páxina 681.Castor canadiensis.75pxEl Roto; El Huaso; La Carmela; Doña Juanita."El Roto Chileno, personaje en extinción ". En Chile Crónicas. 15 de xaneiro de 2016."La culpa es de Ricardo Lagos y la Señora Juanita". En Chile Liberal. 1 de xullo de 2013.Minahan, J. B. (2009). Páxinas 303231-232.Cóndor; huemul."Menos cóndor y más huemul". En El Mercurio. 11 de xullo de 1925.75pxEmperador de Xade (chinés: 玉皇; pinyin: Yù Huáng ou 玉帝, 'Yù Dì').Meirong, L. (2011). "Jade Emperor". En Encyclopedia of Taiwan. Council for Cultural Affairs. Dragón chinés.75pxJuan Valdez.Rengifo, A. X. et al. (2008). Cóndor; oso de anteollos.75pxDangun (hangul: 단군); Ungnyeo (hangul: 웅녀 / 熊 女); Yangban (hangul: 양반).Tigre siberiano.Don Liborio."De lo nacional y lo extranjero". En Santa Cruz, N. (2004). Páxinas 182-183.75pxNai Dinamarca (dinamarqués: Mor Danmark), Holger Danske.Minahan, J. B. (2009). Páxina 377.Cóndor.Falcón de Quraish.75pxJuraj Jánošík.Rasloff, U. "Juraj Jánošík". En Cornis-Pope, M.; Neubauer, J. (2010). Páxinas 441-456Kranjski Janez; Peter Klepec.Bevk, F. (1978). Peter Klepec. Mladinska knjiga. Ljubljana.75pxHispania.Minahan, J. B. (2009). Páxina 539.León Hispano; Touro de Osborne.Cervera, C. "El león hispano: el símbolo despreciado y olvidado por España". En ABC. 31 de novembro de 2014.Quílez, R. "El Toro de Osborne, de icono publicitario a símbolo de la España cañí". En El Mundo. 29 de xaneiro de 2007.75pxEstatua da Liberdade, Tío Sam, Johnny Reb, Columbia.Levine, B.; Story, I. F. (1961). "Statue of Liberty ". National Park Service."Origins. The Female Form as Allegory ". America Studies. University of Virginia."Symbols. Lady Liberty's Male Relations ". America Studies. University of Virginia.Schlereth, T.J. (1992). Hicks, T. A. (2006). Pigargo de cabeza branca.75pxNai do Mundo (Om El Donia).Aguia de Saladino.75pxJuan dela Cruz; Ináng Bayan.Minahan, J. B. (2009). Páxina 153.Aguia filipina.75pxA Dama de Finlandia (finés: Suomi-neito).Minahan, J. B. (2009). Páxina 390.Kriz, K. et al. (2012). Páxina 87.75pxMarianne; Galia; Xoana de Arco.Minahan, J. B. (2009). Páxina 398.Galo.75pxBreogán.Maíz, R. (1996). 75pxHellas (grego: Ἑλλάς).Minahan, J. B. (2009). Páxina 416.Moucho de Atenea; Fénix.75pxEzili Dantor; Catherine Flon.75pxSeñora de Hungaria.Aguia de Saladino. Nai India (hindi: Bhārat Mātā).Kriz, K. et al. (2012). Páxina 84-87.Tigre de Bengala; elefante indio.75pxNai Terra (indonesio: Ibu Pertiwi).Minahan, J. B. (2009). Páxina 67.75pxRostam (persa: رستم‎).León e sol.Aguia de Saladino. 75pxÉriu; Hibernia; Fódla; Kathleen Nin Houlihan (irlandés: Caitlín Ní Uallacháin).O'Rourke Murphy, M.; MacKillop, J. (1987). Páxina 502.Minahan, J. B. (2009). Páxina 431.Neijmann, D. L. (2006). Páxina 518.75pxA Dama das Montañas (islandés: Fjallkonan).Srulik (hebreo: שרוליק).Minahan, J. B. (2009). Páxina 597.75pxItalia torreada (italiano: Italia turrita).Minahan, J. B. (2009). Páxina 438.Manas.Wanjiku.Falcón de Quraish.Lituania (lituano: Lietuva).Bartetzky, A. et al. (2005). Neue Staaten, Neue Bilder: Visuelle Kultur Im Dienst Staatlicher Selbstdarstellung in Zentral- Und Osteuropa Seit 1918. Böhlau. Páxina 227. ISBN 9783412147044 Nai Macedonia."Manifesto do Goberno Provisional de Macedonia. 1881" (versión traducida ao inglés): A nosa Nai Macedonia converteuse agora en viúva, solitaria e abandonada polos seus fillos.75pxHang Tuah.Minahan, J. B. (2009). Páxina 101Tigre de Malaisia.75pxMelita.Derk Kinnane-Roelofsma. (1996) "Britannia and Melita: Pseudomorphic Sisters". En Journal of the Warbourg and Courtauld Insitute. Vol. 59.75pxLeón do Atlas.75pxDiversas alegorías ao estilo da Marianne, mais sen nome propio.A aguia e a serpe.75pxNai Montenegro (montenegrino: Majko naša Crna Goro).75pxGüegüense.75pxNai Noruega (noruegués; Mor Norge); Ola Nordmann; Nór.Minahan, J. B. (2009). Páxina 491.75pxZealandia."South African War memorial, Waimate". En The Encyclopaedia of New Zealand.Kiwi.75pxDivino Salvador do Mundo.75pxDoncela neerlandesa (neerlandés: Nederlandse Maagd); Hans Brinker.Minahan, J. B. (2009). Páxina 482.Leo Belgicus.Handala (árabe: حنظلة).Deiros, T. (2014). "Handala, el icono de la amargura de Palestina". En La Marea. 5 de xaneiro de 2014.Aguia de Saladino.Pāk Wātān.Nai Patria (castelán: Madre Patria); Chalán.Minahan, J. B. (2009). Páxina 276Vicuña.75pxPolonia; Lech.Minahan, J. B. (2009). Páxina 495Aguia branca.75pxZé Povinho; Efixie da República; Galo de barcelos; Anxo de Portugal; Lusitania.Minahan, J. B. (2009). Páxina 49975pxBritania (Reino Unido); John Bull (Inglaterra); Nai Gales (Gales; en galés: Mam Cymru).Taylor, M. (1992). Minahan, J. B. (2009). Páxina 565León e unicornio (Iglaterra e Escocia); dragón (Gales).75pxČechie; Czech Vaišek; O bo soldado Švejk.León con dúas colas.75pxConchoprimo.75pxRomânia.Minahan, J. B. (2009). Páxina 503.75pxNai Rusia (ruso: Матушка Россия, Matushka Rossiya).Lewin, E. (2012). Páxina 246.Oso ruso; aguia bicéfala.75pxNai Serbia (serbio: Мајка Србија); Doncela de Kósovo (serbio: Косовка девојка, Kosovka devojka).Aguia bicéfala.75pxMerlion.Falcón de Quraish.Nai Sri lanka (cingalés: ශ්‍රී ලංකා මාතා, Śrī Laṁkā Mātā)75pxNai Svea (sueco: Moder Svea).Minahan, J. B. (2009). Páxina 543.75pxHelvetia.Minahan, J. B. (2009). Páxina 547.75pxNai Surinam (sranan tongo: Mama Sranan).Krieger, Bart. "Kunstschatten: Mama Sranan ". En Parbode. Surinaams Magazine. 31 de outubro de 2010.75pxPhra Siam Devadhiraj (tailandés: พระสยามเทวาธิราช); Tailandia.Hoare, T. D. (2004). Páxina 115. Streckfuss, D. (2010). Páxina 271Elefante branco.75pxBerehynia (ucraíno: Береги́ня); Cosaco Mamai (ucraíno: Козак Мамай).75pxEuropa; Europa Regina.75pxDiversas alegorías ao estilo da Marianne, mais sen nome propio.75pxJuan Bimba; María Lionza.Friedman, E. J. (2010). Páxina 64.O Catro Inmortais (vietnamita: Tứ bất tử).75pxGuerreiro divino Jinmu; Samurai. San Xurxo de Capadocia; Nai Xeorxia (xeorxiano: ქართლის დედა, Kartlis Deda).

Nacións ou entidades nacionais extintas