Nora K. Jemisin, nada en Iowa City (Iowa) o 19 de setembro de 1972, é unha escritora de ficción científica e fantasía e psicóloga estadounidense. A súa obra explora unha ampla variedade de temas, incluíndo o conflito cultural e a opresión. Gañou varios premios pola súa obra, incluíndo o Locus Award. Coa súa vitoria en agosto de 2018, os tres libros da serie Broken Earth, o que fixo que Jemisin fose a primeira escritora que obtivo o premio Hugo á mellor novela tres anos consecutivos.

En 2009 e 2010, o relato de Jemisin "Non-Zero Probabilities" foi finalista aos premios Nebula e Hugo ao mellor relato. A súa primeira novela, The Hundred Thousand Kingdoms, primeiro volume da súa Inheritance Trilogy, foi candidata ao Nebula Award 2010, e apareceu na listaxe previa para o James Tiptree Jr. Award. En 2011, foi candidata ao premio Hugo, o World Fantasy Award, e o Locus Award, gañando o Locus á mellor primeira novela en 2011. The Hundred Thousand Kingdoms tamén gañou o premio Sense of Gender en 2011. Foi seguida por outras dúas novelas na mesma triloxía, The Broken Kingdoms en 2010 e The Kingdom of Gods en 2011.

En 2016, a súa novela The Fifth Season gañou o premio Hugo á mellor novela, converténdoa no primeiro escritor afroamericano que gaña un premio Hugo nesa categoría.Alter, Alexander (24 de agosto de 2016), "N. K. Jemisin on Diversity in Science Fiction and Inspiration From Dreams", The New York Times. As súas secuelas, The Obelisk Gate e The Stone Sky, gañaron o premio Hugo á mellor novela en 2017 e 2018, respectivamente.

Traxectoria Primeiros anos Jemisin naceu en Iowa City, Iowa, e creceu en Nova York e Mobile, Alabama. Viviu en Massachusetts durante dez anos e mudouse a Nova York. Jemisin asistiu á Tulane University entre 1990 e 1994, onde recibiu un B.S. en psicoloxía. Continuou a estudar asesoramiento e recibiu un mestrado en educación pola Universidade de Maryland.

Carreira Graduada do obradoiro de escritura Viable Paradise de 2002, Jemisin publicou relatos e novelas. Jemisin foi membro do grupo de escritores BRAWLers da área de Boston, e é membro de Altered Fluid, grupo de crítica de ficción especulativa.

Foi co-convidada de honra na convención de ficción científica WisCon de 2014 en Madison, Wisconsin."Announcing WisCon 38's Guests of Honor: Hiromi Goto and N.K. Jemisin" A Momentary Taste of WisCon 37 (Elizabeth Stone, ed.) Issue #4 (26 de maio de 2013), páx. 2. Foi a escritora convidada de honra no Arisia 2015 de Boston.

Durante o seu discurso como convidada de honra no Continuum 2013 en Australia, Jemisin sinalou que o 10% dos membros do Science Fiction and Fantasy Writers of America (SFWA) votaron polo escritor de dereita alternativa Theodore Beale (tamén coñecido como Vox Day) como presidente da asociación. Continuou chamando a Beale “un autodenominado misóxino, racista, antisemita e varios outros sabores de idiota”Orixinal en inglés: “A self-described misogynist, racist, anti-Semite, and a few other flavors of asshole”. e sinalou que silenciar eses asuntos era o mesmo que permitilos. Beale respondeu chamándoa “educada mais ignorante salvaxe”.Orixinal en inglés: “Educated but ignorant savage”. Unha ligazón aos comentarios de Beal foi rechouchiada polo Twitter do SFWA, e este foi expulsado da organización.

En xaneiro de 2016, Jemisin comezou a escribir "Otherworldly", columna bimensual para o The New York Times. En maio de 2016, Jemisin montou unha campaña de Patreon que logrou suficientes fondos para permitir que deixase o seu traballo como psicóloga conselleira e centrarse a tempo total na escritura. No seguinte ano, Bustle chamou a Jemisin "a escritora de ficción científica da que toda muller necesita ser lectora".

Vida privada Jemisin vive e traballa en Brooklyn, Nova York.

É prima do cómico e presentador de televisión W. Kamau Bell.Bell, W. Kamau. The Awkward Thoughts of W. Kamau Bell. Nova York, NY: Dutton, 2017, páx. 24, 28. .

Bibliografía parcial Novelas Triloxía Inheritance The Hundred Thousand Kingdoms (2010) The Broken Kingdoms (2010) The Kingdom of Gods (2011)

Duoloxía Dreamblood The Killing Moon (2012) The Shadowed Sun (2012)

Serie Broken Earth The Fifth Season (agosto de 2015) The Obelisk Gate (agosto de 2016) The Stone Sky (agosto de 2017)

Relatos "L'Alchimista", publicado en Scattered, Covered, Smothered, Two Cranes Press, 2004. "Too Many Yesterdays, Not Enough Tomorrows", Ideomancer, 2004. "Cloud Dragon Skies", Strange Horizons, 2005. "Red Riding-Hood's Child", Fishnet, 2005. "The You Train", Strange Horizons, 2007. "Bittersweet", Abyss & Apex Magazine, 2007. "The Narcomancer", Helix, reimpreso en Transcriptase, 2007. "The Brides of Heaven", Helix, reimpreso en Transcriptase, 2007. "Playing Nice With God's Bowling Ball", Baen's Universe, 2008. "The Dancer's War", publicado en Like Twin Stars: Bisexual Erotic Stories, Circlet Press, 2009. "Non-Zero Probabilities", Clarkesworld Magazine, 2009. "Sinners, Saints, Dragons, and Haints in the City Beneath the Still Waters", Postscripts, 2010. "On the Banks of the River Lex", Clarkesworld Magazine, 11/2010 "The Effluent Engine", publicado en Steam-Powered: Lesbian Steampunk Stories, Torquere Press, 2011 "The Trojan Girl", Weird Tales, 2011 "Valedictorian", publicado en After: Nineteen Stories of Apocalypse and Dystopia, Hyperion Book CH, 2012

Coleccións de relatos How Long 'til Black Future Month? (novembro de 2018)

Non ficción Geek Wisdom: The Sacred Teachings of Nerd Culture (coescrita con Stephen H. Segal, Genevieve Valentine, Zaki Hasan, e Eric San Juan, 2011)

Cómics Far Sector #1-Ongoing (con Jamal Campbell, DC Comics, 2019)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

N.K. Jemisin describes worldbuilding Odyssey Workshop interview

Categoría:Nados en Iowa City Categoría:Nados en 1972 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Psicólogos dos Estados Unidos de América