Angèle Ntyugwetondo Rawiri, nada en Port-Gentil o 29 de abril de 1954 e finada en París o 15 de novembro de 2010, foi unha escritora gabonesa."Décès de Angèle Ntyugwetondo Rawiri". Africultures, decembro de 2010 . Traxectoria Foi filla do político e poeta galoa Georges Rawiri e dunha mestra que morreu cando tiña seis anos. Angèle foi á escola en Alès (Languedoc-Rosellón), estudou secundaria en Vanves (París) e fixo tradución do inglés no Instituto Lentonnet. Despois foi vivir dous anos a Londres, onde traballou como actriz en filmes de James Bond e como modelo en revistas de moda.
En 1979 regresou ao Gabón, onde traballou como tradutora e intérprete. En 1980 publicou a súa primeira novela,
Elonga, que denuncia o poder da bruxaría e as ciencias ocultas no Gabón. En 1983 publicou G'amèrakano au carrefour, a historia da loita entre os desexos materialistas dunha rapaza nova, e os valores tradicionais das xeracións maiores. En 1986 publicou Toula, a historia dunha rapaza que vive nun barrio excéntrico e sinistro de delincuencia e desemprego. Fureurs et cris de femmes, de 1989, é a primeira novela do Gabón onde se fala da homosexualidade feminina.
Publicou as súas primeiras obras co nome de Ntyugwetondo Rawiri.
Obra Elonga: roman (1980) Gʾamèrakano: au carrefour: roman (1983) Toula (1986) Fureurs et cris de femme (1989)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía (1994): Historical Dictionary of Gabon. 2ª ed. The Scarecrow Press, p. 287. (2013): 50 figures de la littérature gabonaise de 1960 à 2010. Dagan Gnammankou Editions. (2006): La représentation littéraire de la violence dans les romans d'Angèle Ntyugwetondo Rawiri: «Elonga», «G'amerakano au carrefour», «Fureurs et cris de femmes». Tese de doutoramento. Universidade de París-Norte, 373 p. (2010): «Angèle Ntyugwetondo Rawiri», en Christiane Chaulet Achour, coa colaboración de Corinne Blanchaud, (dir.): Dictionnaire des écrivains francophones classiques: Afrique subsaharienne, Caraïbe, Maghreb, Machrek, Océan Indien. Éd. H. Champion, p.|382-384. Ligazóns externas Angèle Rawiri , na páxina web da UWA.
Categoría:Nados en 1954 Categoría:Finados en 2010 Categoría:Escritores de Gabón Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Nados en Port-Gentil Categoría:Personalidades sen imaxes