Bucephala é un xénero de aves da orde das anseriformes, familia dos anátidos, e subfamilia dos merxinos.
As súas especies don patos mergulladores que viven no hemisferio Norte, que reciben en galego o nome vulgar de ollodourados.Lista das aves de Galicia. Turismo ornitolóxico de Galicia, pp. 16-17.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1858 polo herpetólogo, ornitólogo e ictiólogo estadounidense Spencer Fullerton Baird.Bucephala S.F.Baird, 1858 no GBIF. Consultado o 11 de novembro de 2022.Bucephala Baird, 1858 na BioLib. Consultada o 11 de novembro de 2022.
Etimoloxía
O nome do xénero deriva da palabra do grego antigo βοῦκεφαλος boṹkephalos, "cabeza de touro", de βοῦς boṹs, "touro", e κεφαλή kephalē, "cabeza", en referencia á forma da súa cabeza e o inchamento das plumas do ollodourado de touca (B. albeola) que fai que a súa cabeza pareza máis grande.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos: Bucephalus Prjewalski, 1878 Glaucionetta Stejneger, 1885
Especies As tres especies vivas son: Imaxe Nome científico Nome común Distribución120px Bucephala clangula ollodourado Canadá e norte dos Estados Unidos, Esandinavia, estados bálticos e norte de Rusia120px Bucephala islandica ollodourado islandés noroeste de Norteamérica120px Bucephala albeola ollodourado de touca norte de Norteamérica e sur dos estados Unidos.
Estas tres especies foron rexistrdas en Galicia, B. clangula como invernante regular e as outras dúas como aves errrantes accidentais moi raras. (Ver Lista das aves de Galicia).
Nota taxonómica
A taxonomía das especies deste xénero foi discutida e sometida a cambios. O ollodourado de touca (B. albeola) fora anterirmente tratado como o único membro do seu xénero (ás veces innecesariamente cambiado a Charitonetta), mentres que os outros ollodourados foran incorrectamente situados no xénero Clangula (como Clangula americana), que hoxe é o xénero de Clangula hyemalis, que daquela estaba situado no xénero Harelda.Report of the National conference on utilization of forest products. New national museum, Washington, DC, November 19 and 20, 1924. Issue 13. US Govt. print. off. 1925. Podería ser correcto aínda recoñecer dous xéneros, xa que B. albeola e os outros dous ollodourados son bastante diverxentes. Nese caso, Bucephala quedaría restrinxido só a B. albeola e o nome Glaucionetta (Stejneger, 1885) foi recuperado para os outros ollodourados.
Os taxons fósiles coñecidos son: Bucephala cereti (Sajóvölgyi, Mioceno medio de Mátraszõlõs, Hungría - Plioceno tardío de Chilhac, Francia) Bucephala ossivalis (Mioceno tardío/Plioceno tenperán de Bone Valley, Estados Unidos), que é moi similar ao ollodourado (B. clangula) e pode mesmo ser unha paleosubespecie ou un devanceiro directo seu Bucephala fossilis (Plioceno tardío de California, Estados Unidos) Bucephala angustipes (Plistoceno temperán de Europa central) Bucephala sp. (Plistoceno temperán de Dursunlu, Turquía: Louchart et al. 1998)Louchart, Antoine; Mourer-Chauviré, Cécile; Guleç, Erksin; Howell, Francis Clark & White, Tim D. (1998). "L'avifaune de Dursunlu, Turquie, Pléistocène inférieur: climat, environnement et biogéographie". Les Comptes rendus de l'Académie des sciences|C. R. Acad. Sci. Paris IIA 327 (5): 341-346. [en francés cunha versión abreviada en inglés] (resumo HTML)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Carboneras, Carles; del Hoyo, Josep; Elliot, Andrew & Sargatal, Jordi (1992): "Family Anatidae (Ducks, Geese and Swans)" en Handbook of the Birds of the World. Volume 1. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.
Outros artigos Anseriformes Anátidos Merxinos
Ligazóns externas Ollodourado en Birdzilla
Categoría:Anátidos